O asasino confeso de Diana Quer admite que a esganou tras metela no coche a noite que desapareceu
As pezas deste sumario empezaron a encaixar por mor da denuncia dunha moza o día de Nadal en Boiro, quen contou que o acusado tentara raptala e metela no maleteiro do seu coche ameazándoa cun coitelo
O ex-número tres do PPdeG presenta a cúpula da Gürtel como vítima dunha "operación de Rubalcaba"
Pablo Crespo, presunto número dous da trama, admite que o advertiron da investigación meses antes de que estourase o caso. O antigo secretario de organización do PP galego nega calquera relación coa contabilidade en negro da rede
A Fiscalía advirte a xuíza arxentina que investiga o franquismo de que non pode cuestionar a transición española
A fiscal xeral do Estado, Consuelo Madrigal, remite unha instrución ás Fiscalías provinciais sobre como opoñerse á investigación da maxistrada Servini lanzada pola querela que iniciou o galego Darío Rivas
A superiora das Mercedarias de Santiago declara como imputada ante o xuíz
A monxa nega que ameazase ou coaccionase as relixiosas indias rescatadas pola Policía e asegura que se trata dun malentendido. O maxistrado Lago Louro tomou tamén declaración como testemuñas a dúas monxas mexicanas do mesmo convento.
"Hai mulleres noutros conventos ás que se impide abandonar baixo a ameaza de seren deportadas"
A moza india que deixou as Mercedarias de Santiago en 2014 asegura que familiares de monxas doutros conventos a informaron doutros casos de retención. O Vaticano chegou a prohibir os métodos cos que os conventos españois captaban novicias da India e Latinoamérica.
A Policía conclúe que o réxime de clausura anulou "a capacidade de pensar" das monxas indias
As tres relixiosas que deixaron o convento das Mercedarias e as dúas que permanecen declararon que a madre superiora ameazaba coa deportación ás que marchasen
A Policía rescata tres monxas indias retidas nun convento de clausura de Santiago
A madre superiora fíxolles crer que serían deportadas se abandonaban o convento, onde levaban recluídas dende a adolescencia. Agora roldan os trinta anos e a xuíza López-Suevos investiga delitos de detención ilegal, contra a integridade moral, ameazas e coaccións.
César Strawberry: "En Internet só perseguen persoas dunha determinada ideoloxía"
ENTREVISTA O líder de Def Con Dos, imputado por enaltecemento do terrorismo, cre que "o dereito á liberdade de expresión non ten por que ser algo agradable". "Temos que estar dispostos a escoitar cousas que non nos gusten", asegura.
A Fiscalía pide máis de cen anos de cadea para o ex secretario de Organización do PPdeG
O que fora conselleiro de Portos de Galicia con Feijóo en Política Territorial enfróntase á condena por asociación ilícita, suborno, malversación, estafa ou tráfico de influencias, entre outros. O Ministerio Público pide 42 anos para Bárcenas e 110 para Francisco Correa.
Pedraz pide axuda á UE para lograr que declaren os presuntos asasinos de Couso
Denuncia a impunidade do caso do camarógrafo galego e intenta evitar o bloqueo dos Estados Unidos implicando na investigación a Genocide Network, unha rede de cooperación europea sobre xenocidio e crimes de guerra e contra a humanidade.
Bárcenas mantén que o PP manexou diñeiro negro en todas as autonomías
O ex tesoureiro asegura ante o xuíz que os cartos en 'B' comezaron a fluír nos tempos de Alianza Popular, que Aznar e Rajoy sabíano e que a práctica chegaba a todas as sedes do partido.
As Marchas do 22-M que encherán Madrid de rebeldía... e de antidisturbios
A policía prepara un dispositivo de 1.700 axentes da unidade de intervención para unha protesta na que os convocantes ven "o xermolo do inicio dun proceso de cambio" malia os intentos de "invisibilización". Uns 2.000 galegos chegarán a Madrid o sábado para esta "rebelión popular".