O Festival de Títeres de Redondela despídese este domingo sumando 35.000 espectadores
Na derradeira xornada do evento, que comezou o pasado luns, están programadas máis de 25 actividades en toda a vila.
A Guarda presenta en Pasaia o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
O evento celebrarase na Guarda do 11 ao 14 de xullo e servirá de pulo para o movemento de recuperación e posta en valor do amplo patrimonio marítimo fluvial da vila. O peirao vasco de Trintxerpe acolle estes días o I Festival Marítimo de Pasaia.
Denuncian que a promotora do gran parque éolico de Ordes fragmenta a súa tramitación para facilitar a súa aprobación
A Plataforma contra a implantación de parques eólicos na Comarca de Ordes alerta de que a segmentación busca "ocultar de forma deliberada os diferentes impactos que acumulan todos eles". Os proxectos afectarían a Ordes, Oroso, Frades, Mesía ou Vilasantar.
Alertan de que a vespa do castiñeiro pode acabar con soutos centenarios no Courel
Caurel Vivo esíxelle a Medio Rural que actúe de forma urxente ante esta praga que pon en perigo a colleita da castaña e a supervivencia de castiñeiros incluídos no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.
A Xunta admite que tarda un ano en avaliar as discapacidades malia que a lei obriga a facelo en 3 meses
O Goberno galego anuncia a contratación de 51 profesionais durante seis meses para axilizar o proceso e o conselleiro de Política Social pon como exemplo de redución de trámites que o impreso pasará de ser un tríptico a un só folio
Tres sindicatos aceptan a oferta da Xunta e achegan a fin do conflito na Xustiza
SPJ-USO, central maioritaria, UGT e CCOO adhírense ao último acordo "por responsabilidade" e ante a posibilidade de que o Goberno retire as melloras xa aceptadas. O Executivo negouse a ampliar o prazo ás centrais para que decidisen sobre esta proposta que fora rexeitada en votación.
Un paciente do Hospital da Costa presenta unha denuncia no xulgado tras agardar dous anos por unha proba
A Plataforma Sanitaria da Mariña pídelle á Xerencia do centro e ao Sergas "que se deixen de propaganda autocompracente e que se poñan a traballar nunha xestión en función das necesidades da poboación sen primar criterios economicistas".
A Academia gaba o intenso "compromiso" co galego de María Victoria Moreno en tempos difíciles
A RAG enxalza a figura da homenaxeada neste Día das Letras por "protagonizar unha proeza nun tempo e espazo que esixía determinación" e levar a cabo “un apostolado lingüístico que non tiña precedentes en Galicia”.
Os míticos cadernos Rubio chegan ao galego
A editorial de materiais didácticos lanza a súa primeira colección en galego para nenos e nenas de Infantil e Primaria "ante a crecente demanda de docentes e pais de materiais na súa lingua propia".
O amor de María Victoria Moreno polo galego, protagonista dun novo 17M de letras e reivindicación
Pontevedra será o epicentro das homenaxes á autora e sede da sesión extraordinaria da Real Academia Galega nunha xornada na que varias vilas e cidades lembrarán á escritora e na que Compostela volverá acoller a manifestación de Queremos Galego.
O persoal da limpeza do Álvaro Cunqueiro apoia as auxiliares de enfermería nas súas protestas
As TCAE continúan con peches no centro hospitalario ante a decisión da Xerencia de sobrecargalas con funcións non presentes nos seus estatutos. Anuncian un novo peche de 24 horas para o vindeiro xoves 24 de maio
A Xunta dá un ultimato aos sindicatos da Xustiza para que acepten a oferta rexeitada en votación
Dálles tres días de prazo, até o venres ás 14 horas, para que acepten a última proposta ou sentirase "liberada de calquera compromiso". UGT, CCOO e CSIF consultarán cos seus afiliados, USO prefire que se pronuncie todo o persoal e CUT e CIG apostan por seguir negociando no comité de folga.