Morre Berta Cáccamo, figura clave da arte contemporánea galega
A artista finou este xoves en Vigo "de maneira inesperada". A finais de 2016 o CGAC acolleu unha mostra retrospectiva da súa obra e o pasado ano recibiu o Premio Cultura Galega das Artes Plásticas.
Denuncian irregularidades na reapertura dunha canteira no Parque Natural de Enciña da Lastra
A SGHN sinala que a explotación estivo abandonada cando menos cinco anos, incumprindo a lei, e esixe que a Xunta inicie o proceso para declarar a caducidade da súa autorización de aproveitamento.
As auxiliares de enfermería inician unha protesta de 24 horas no Álvaro Cunqueiro
Denuncian ser sobrecargadas con funcións que non lles corresponden
A innovación no rural e a loita contra o cambio climático centran os proxectos escolares de Galiciencia
Ourense acolle ata este venres a maior feira científica de Galicia, na que os 50 proxectos de Secundaria e Bacharelato compiten polo primeiro premio do certame, acompañados por outros 27 de Primaria fóra de concurso
A USC estuda adoptar medidas contra o profesor que pide nun vídeo a absolución de 'La Manada'
Trátase de Luciano Méndez, denunciado hai dous anos polos comentarios sexistas que realizaba nas súas clases de Matemáticas. Desta volta cuestiona que neste caso houbera violación e acusa a vítima de presentar unha denuncia falsa. A Universidade destaca que "non pode tolerar actitudes ou actuacións que menoscaben a dignidade da persoas e os dereitos fundamentais"
"O 'Diario Cultural' é patrimonio de todas, de todos os galegos"
Un manifesto impulsado por persoeiros da cultura aglutina a protesta pola supresión do programa, que consideran "un ataque frontal á lei" e que inclúen nunha política que levou a Radio Galega a ser "cada vez menos galega": "Non foi creada para traducir axendas e contidos das cadeas estatais".
Fernando Trueba e Gracia Querejeta encabezan o cento de realizadores que pasarán polo Festival de Cans
A 15ª edición do certame celebrarase do 23 ao 26 de maio, convertendo esta parroquia do Porriño "nun escaparate da creación audiovisual galega, a que se produce aquí e a que está espallada polo mundo", en palabras de Alfonso Pato. Triángulo de Amor Bizarro, Burning ou Depedro porán a música.
De Eladio a Uxía, pasando por Som do Galpóm ou Mounqup: os Premios Martín Códax da música galega
Pontevedra acolleu a entrega da quinta edición dos galardóns nas súas 18 categorías. Un Pazo da Cultura cheo celebrou a calidade e diversidade da nosa producción musical, pero tamén lembrou as reivindicacións do sector.
Iván Ferreiro e Caxade, pórtico e peche do día grande das festas da Ascensión en Santiago
As festas continúan ata o domingo e inclúen o concerto que conmemorará o 170º aniversario da Banda Municipal compostelá nunha actuación conxunta coa Real Filharmonía de Galicia
Medra a inquietude en torno á Radio Galega pola fin do 'Diario Cultural' e das desconexións locais
En Marea, PSdeG e BNG piden a comparecencia urxente do director da CRTVG para explicar os cambios na programación. O comité intercentros denuncia o "desmantelamento do servizo público" nunha queixa á que se une o mundo da cultura e do audiovisual galego.
54 centros de ensino de toda Galicia participan cos seus filmes no festival Olloboi
Este venres Boiro acolle unha nova edición de Olloboi, certame audiovisual para centros de ensino no que compiten 174 pezas dun total de 54 colexios, institutos e facultades de toda Galicia
Entidades sociais piden unha nova RISGA: con máis contía e máis accesible
Foro Galego de Inmigración, Colexio Oficial de Traballo Social, Colexio de Educadoras e Educadores Sociais, ODS Coia ou SOS Racismo, entre unha vintena de organizacións, presentan ante a Xunta unha iniciativa para mellorar a Renda de Inclusión Social de Galicia