Houston, tivemos un problema... E solucionámolo
Os institutos de Ordes, Vila de Cruces e Oleiros impulsores da Axencia Escolar Espacial Galega completaron o sábado a recuperación da sonda que o luns 7 de maio lanzaran á estratosfera por terceiro ano consecutivo, superando os 33 mil metros de altura. Na súa caída perdeuse o sinal do aparello, que apareceu en Negreira
O feminismo volve saír á rúa esixindo medidas concretas contra a violencia de xénero
14 concentracións en toda Galicia demandaranlle este mércores ao Goberno central que cumpra o Pacto de Estado e que o dote dun financiamento estable para poñelo en práctica. Tamén lle reclaman á Xunta que dedique o 1% do seu orzamento á loita contra o terrorismo machista e unha reforma dos xulgados específicos neste ámbito
Un xardín onde as pedras recitan versos de Rosalía, Seamus Heaney e Luz Pozo
O xardín de Fonseca, en Compostela, convertese no Xardín das Pedras que Falan, un proxecto concibido por Suso de Toro e no que colaboran o Concello e a USC. Trátase de crear unha espiral con pedras nas que se gravan versos inéditos de diferentes autores e autoras
Catalunya estrea presidente 144 días despois das eleccións
Tras case sete meses de intervención estatal, o Parlament, grazas á abstención da CUP, inviste a Quim Torra, que di arrepentirse de usar no pasado algunha “palabra inconveniente”
Estudantes piden no Reitorado da USC que Luciano Méndez deixe de dar clase
A concentración convocada este luns na Praza do Obradoiro dirixiuse ao interior da sede de goberno da universidade. O profesor reitera nun novo vídeo a súa defensa da "inocencia" de La Manada, á que escusa pola presenza de "drogas e outras substancias". A USC estuda denuncialo ante a Fiscalía por un delito de odio
'Dhogs' segue a sumar premios en vésperas da súa chegada aos cines no Día das Letras
CON VÍDEO A ópera prima do meirego Andrés Goteira é un "retrato dos malos nun mundo perverso de amos e escravos, na que os crimes se suceden ante unha sociedade pasiva, insensible, que todo o permite", protagonizada por algúns dos rostros máis coñecidos do audiovisual galego
Anova chama a "reforzar as mareas municipais" para "disputar a hexemonía ao bloque da dereita"
Antón Sánchez afirma que a "unidade" das mareas con "ampla base popular" pode propiciar unha "nova primavera como a de 2015" fronte ás "forzas reaccionarias"
Gonzalo Caballero advirte de que nos concellos "o cambio chega pola esquerda", non "polo recambio da dereita"
O líder do PSdeG chama nas xornadas de política municipal organizadas polo partido á mobilización interna para que "o retroceso como non se lembra que está a experimentar o PP" non sexa cuberto nas urnas con "operacións de márketing con pouco contido"
Queremos Galego agarda un seguimento "masivo" con "festa e reivindicación" na manifestación do Día das Letras
A actriz Nieves Rodríguez conducirá o acto final da manifestación, na que os estudantes gañadores do Correlingua 2018 cunha composición de hip-hop interpretarán 'Rapea, que a lingua non para'
Sindicatos da Xustiza advirten de que a Xunta pretende rematar a folga por unha vía "ilegal"
O interlocutor válido segue a ser o comité de folga mentres esta non sexa desconvocada formalmente, advirten as centrais sindicais
Un proxecto de recuperación da biodiversidade en Mondoñedo, primeiro premio en Galiciencia
Un foguete que utiliza como combustible unha mestura de nitrato de potasio e azucre e unha estación meteorolóxica que alerta das condicións climáticas máis propicias para a propagación de incendios, segundo e terceiro premio. Pola feira científica escolar pasaron máis de dúas mil persoas nos últimos tres días.
Narcotráfico e agresións sexuais, delitos que máis que aumentan en Galicia no inicio de 2018
Interior destaca que Galicia se mantén como a cuarta autonomía máis segura. Os furtos seguen a ser as condutas delitivas máis habituais