A Xunta insiste en non negociar e en que non fará ningunha proposta nova ao persoal da Xustiza
O vicepresidente Alfonso Rueda mantén que a oferta segue a ser a pactada con catro sindicatos antes do 'non' dos traballadores na votación. USO, CUT, CIG e STAJ buscan acordar unha postura común para negociar co Goberno e insisten en deter a folga de retomarse as conversas.
O Concello de Santiago demándalle á Xunta unha vivenda alternativa para a familia ameazada de desaloxo
Tanto o Concello como Compostela Aberta pídenlle ao Goberno galego unha solución para evitar que tres persoas queden na rúa. A concelleira Concha Fernández lembra que a Xustiza lle encargou á propia Xunta a tutela destas persoas.
Galicia é a terceira autonomía con máis presos de ETA nos seus cárceres: 22 dun total de 231
10 están en Teixeiro, 8 na Lama e 4 en Monterroso. Andalucía (87) e Valencia (48) son os territorios con máis reclusos e reclusas da banda terrorista, que se atopan de media a 700 quilómetros de Euskadi. Outro medio cento permanecen en prisións francesas
Fuxan os Ventos homenaxea a María Victoria Moreno cun novo tema polo Día das Letras
O histórico grupo de folk galego musica o poema Lúa de Prata, da autora homenaxeada polo 17 de maio.
ETA difunde a súa "declaración final" e confirma a súa disolución
Os mediadores internacionais esixiran que a declaración sobre a disolución da banda fose clara e inequívoca. Tras o comunicado final celebrarase unha conferencia internacional na que se espera un cento de asistentes
A Fiscalía pide 66 anos de cárcere para o líder dos Miguelianos, que a Igrexa apoiou durante anos antes de consideralos seita
Miguel Rosendo, que instalou a sede do grupo nunha casa de Oia, é acusado de asociación ilícita, 12 delitos contra a integridade moral, 5 de coaccións e 3 contra a liberdade sexual
O TSXG exime da responsabilidade de recepción de alimentos do comedor escolar á dirección dos centros
O alto tribunal confirma a resolución dun xulgado vigués. A CIG presentara unha demanda despois de que a Consellaría obrigase a dirección dun colexio de Pontevedra a efectuar esas funcións para aforrar custos no persoal de cociña.
María Victoria Moreno fai xirar o mes das letras en torno a Pontevedra (pero non só)
A cidade de adopción da autora homenaxeada centra este mes as actividades do Día das Letras Galegas, pero estas espállanse tamén polo resto de Galicia e estenderanse durante todo o ano
CCOO e UGT reclaman que a suposta fin da crise chegue aos traballadores
Baixo o lema Tempo de gañar, os dous sindicatos celebraron a súa manifestación central en Vigo pero tamén outras marchas na Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Vilagarcía e Viveiro
A CIG anuncia unha folga xeral para o martes 19 de xuño
CON VÍDEO | O sindicato galego celebrou este 1 de maio coa vista posta no paro ao que agarda que se sumen tamén CCOO e UGT
"Lola, podes soñar e facer o que queiras. Desfruta do fútbol"
A futbolista internacional Verónica Boquete dálle azos a unha nena de cinco anos criticada por compartir paixón co resto da rapazada no SD Esclavitud
En Marea consultará ás bases se Quinteiro debe dimitir, pero o resultado non será vinculante
O Consello das Mareas aproba preguntar ás bases da formación e os críticos consideran que o proceso non ten garantías