Propoñen ampliar ás fragas próximas o espazo protexido en Catasós
O documento presentado por ADEGA no proceso de consultas do Plano de Conservación deste espazo natural situado en Lalín suxire incrementar de 4,5 hectáreas a 180 o terreo preservado, no que non se poderían construír infraestruturas, liñas eléctricas ou edificacións ou realizar cambios de uso de solo.
O 'gato curioso' que dende A Coruña xa suma máis de dous millóns de usuarios
A plataforma de preguntas e respostas CuriousCat, creada o pasado ano por Nuno e Marco Balbona, dous mozos coruñeses de 19 e 18 anos, supera os dous millóns e medio de usuarios en todo o planeta, cun millón de persoas -sobre todo adolescentes- que a empregan todos os días.
Unha nova manifestación rexeitou en Arcade o transvase do río Verdugo
Ao redor de 500 persoas chegadas de Pontevedra, Soutomaior ou Ponte Caldelas mobilizáronse nunha marcha que rematou en Pontesampaio, onde a patroa maior e un mariñeiro da Confraría de Pescadores leron o texto final. O pasado 6 de decembro Soutomaior acolleu unha manifestación semellante
Abertos ao Galego: Mil e unha ideas para agasallos na nosa lingua
Xa está dispoñible a edición 2017 do catálogo promovido pola Mesa pola Normalización Lingüística, con ducias de produtos e servizos de empresas que posúen un total compromiso polo fomento do idioma
"No inicio da Internet galega había moitas webs de particulares, as institucións tardaron en incorporarse"
ENTREVISTA | Henrique Neira Pereira publicou o pasado ano Historia da Informática en Galicia. Unha cronoloxía, editado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática, que recolle con detalle o desenvolvemento das TIC nos últimos dous séculos. Falamos con el
Dous anos despois do peche de Escoitar.org chega o 'Mapa sonoro de Galicia' do CCG
A ferramenta presentada polo Consello da Cultura Galega conta con máis de 500 gravacións, clasificadas e xeolocalizadas, e està especializada en coleccións de recollida antropolóxica, etnográfica, lingüística ou de sons da natureza, ambiente ou de actividade humana.
Mondoñedo homenaxea 80 anos despois "tres homes bos, asasinados polo seu compromiso social"
O 12 de xaneiro de 1938 foron executados Siervo González Rivas, Graciano Paz Amieiro e Manuel Rodríguez Núñez. Serán lembrados o vindeiro 13 de xaneiro a través dun acto promovido por un grupo de veciños que conta co apoio de todos os grupos da corporación municipal
Unha manifestación en febreiro en Compostela denunciará a política sanitaria da Xunta
A marcha convocada por SOS Sanidade Pública, que se celebrará o 4 de febreiro, protestará contra a modificación da Lei Galega de Saúde. O 24 de xaneiro convocaranse, ademais, concentracións en varias cidades e vilas.
O Gordo da Lotaría de Nadal deixa en Vilalba máis de 500 millóns de euros
O 71.198, premiado con 400.000 euros ao décimo, foi vendido en gran parte na administración de lotaría da céntrica rúa da Pravia e a través de participacións do Bar Cascudo, situado nunha das saídas da A-8
21D: Catalunya vive a súa noite electoral máis tensa
ERC e Ciudadanos pelexan pola vitoria nuns comicios que decidirán se o independentismo mantén ou non a súa maioría absoluta. As enquisas publicadas tras o peche dos colexios dan ao partido laranxa como gañador e ao bloque soberanista con posibilidades de gobernar
Feijóo di que Ribera Salud pretende manter o patrimonio do Centro Gallego en mans dos emigrantes
O presidente da Xunta asegura que tanto a Fundación Favaloro como o grupo sanitario español manifestáronlle ao Goberno galego a súa intención de manter todas as obras artísticas na institución e en propiedade da diáspora
A Academia celebra o 110º aniversario da estrea do Himno na Habana
Un acto literario e musical conmemora na sede da RAG ponlle o ramo ao ano do centenario do pasamento de Eduardo Pondal. O historiador Ramón Villares e o musicólogo Fernando López-Acuña afondan na importancia da emigración na creación deste símbolo e no seu proceso de creación