Do campo de concentración de Iria Flavia a NUMAX: Onde gardamos a memoria da Guerra Civil?
Dende este martes a libraría compostelá expón sete balas Mauser que foron atopadas en Padrón na escavación dun espazo de represión de prisioneiros republicanos. A mostra servirá para reflexionar sobre a forma en que se conserva e investiga a memoria histórica e os seus elementos, en relación co sistema museístico galego
Milleiros de persoas secundan as mobilizacións sindicais a prol das pensións públicas
Unha vintena de mobilizacións convocadas pola CIG e unha ducia de CC.OO. e UGT devolven ás rúas de vilas e cidades a reivindicación de subsidios de xubilación "dignos" para as persoas pensionistas da actualidade e a súa garantía no ámbito público para as vindeiras xeracións
As universidades galegas esixen orellas "despexadas" na selectividade para evitar fraudes
As probas de acceso á universidade celébranse entre o 12 e o 14 de xuño. "Todos os alumnos e alumnas deberán manter os pavillóns auditivos despexados", advirte a Comisión Interuniversitaria de Galicia
'Divinas Palabras Revolution': un 'reality' valleinclanesco para dar "testemuño irascible da miseria moral"
A montaxe do CDG represéntase en catro funcións por semana no Salón Teatro de Santiago antes de iniciar xira polo resto do país, ao termo da cal tamén viaxará a Madrid
O Breogán cítase coa súa historia para certificar o regreso á elite do baloncesto
O equipo lucense está a unha soa vitoria de regresar á ACB doce anos despois. Intentarao a partir das 21 horas nun pazo ateigado con 6.000 seareiros e unha cidade que devece por celebrar o regreso ao lugar que merece por historia e afección.
A Deputación da Coruña publica 46 anos depois un ensaio de Xohana Torres sobre Santo Andrés de Teixido
Teixido. San Andrés de Lonxe. Mitos e ritos obtivo en 1972 o Premio de Etnografía Federico Maciñeira, pero nunca viu a luz. Agora o ente provincial e a editorial Engaiolarte fan realidade os desexos da autora, nunha coidada edición presentada este xoves.
Feijóo volve atacar o persoal de Xustiza en folga e advírteo de que "está sendo utilizado"
Cre que o "obxectivo" dos representantes dos traballadores en Madrid era "reunirse con Pablo Iglesias" e cre "moi sorprendente" que o líder de Podemos sexa o "referente" dos sindicatos galegos. O presidente da Xunta xa lanzara os parados, mileuristas e pensionistas contra o funcionariado.
Rajoy homenaxea as vítimas da ditadura arxentina mentres ignora as do franquismo
Rajoy percorreu en Buenos Aires os muros do Parque da Memoria e un xornalista arxentino preguntoulle que vai facer coas vítimas da ditadura española. Colectivos de dereitos humanos evitaron acompañalo na visita e, no seu lugar, trasladáronlle unha carta pedíndolle colaboración na 'querela arxentina' contra o franquismo
A presentación de 'Unha nova historia dos feminismos ibéricos' acompáñase de debates, poesía e música
Vigo acolle este venres un Coloquio Internacional organizado pola Cátedra José Saramago, que acompaña de numerosas actividade o lanzamento da obra colectiva coordinada por Silvia Bermúdez e Roberta Johnson.
O sector das ambulancias tamén vai á folga
A CIG, con case o 70% da representación, convoca un paro os vindeiros 9 e 10 de maio, 6 e 7 de xuño e 4 e 5 de xullo que será indefinido se nin a patronal nin a Xunta atenden as dúas demandas.
Homenaxes, roteiros e unha manifestación, entre os actos galegos ao redor do 14 de abril
A Coruña, Ourense, Compostela, Marín, Tui, Ribeira, Narón ou Vigo acollen numerosas actividades coincidindo co aniversario da proclamación da Segunda República. O recordo ás vitimas da represión franquista destaca en todas as convocatorias, que terán o sábado o seu día central.
O persoal de Xustiza denuncia as "continuas inxerencias" do Consello da Avogacía na folga
O comité de folga traslada as súas demandas a Madrid e entrega unha carta ao ministro Catalá a través de En Marea