O feminismo galego clamou contra o asasinato machista de Diana Quer
GALERÍA DE IMAXES | Concentracións en Compostela, Vigo, A Coruña, Ourense, Pontevedra e Lugo lembraron á moza cuxo cadáver apareceu hai uns días en Rianxo e denunciaron a violencia exercida contra as mulleres polo feito de ser mulleres
Prisión incomunicada e sen fianza para o asasino confeso de Diana Quer
O informe preliminar da autopsia do corpo achado nunha nave de Rianxo non atopou signos de violencia, pero si "indicios claros de criminalidade"
A Garda Civil acha o corpo de Diana Quer onde a levou o asasino confeso
O achado produciuse nunha nave da parroquia de Asados, en Rianxo, ata a que, segundo transcendeu, os axentes foron conducidos polo presunto asesino da moza, detido o pasado venres en Boiro ao denunciar unha veciña da zona que tentara secuestrala
A radio conta: oito emisoras da Coruña, xuntas a prol das persoas con parálise cerebral
Por quinto ano consecutivo oito radios comerciais coruñesas unen as súas emisións con fins solidarios. As doazóns recadadas con este programa conxunto serán para Aspace, que fai corenta anos a atender persoas con parálise cerebral
Mariña, unha historia para contar os meses con Apego
DESCARGABLE | O proxecto polo galego na infancia divulga un calendario descargable e convertible en conto que vai percorrendo o primeiro ano de vida dunha nena
Plácido Castro, icona do galeguismo universalista, é nomeado fillo adoptivo de Cambados
Político antes da guerra, Arousa foi o seu refuxio como profesor de inglés nos seus últimos anos, nos que seguiu exercendo de escritor e xornalista
100.000 euros de soldo para un cargo pantasma: de senadora do PP ourensán a comisionada do "reto demográfico"
Barreira cobra máis que Rajoy e dende que foi nomeada responsable da política demográfica do Estado a súa actividade é apenas coñecida. O Goberno de España destaca que creou un grupo de traballo que se reune "periodicamente" e traballa nunha estratexia sen data de presentación
Villares e Pontón advirten a Feijóo de que non lle corresponde elixir quen lidera a oposición
Villares cre que o presidente da Xunta busca en Gonzalo Caballero "alquén que lle sexa máis cómodo" que En Marea como oposición, logo de que amosase a súa preferencia polo secretario xeral socialista como líder desta. Ana Pontón (BNG) di "ser moi feliz sendo incómoda para o PP"
Unha doenza 'demasiado' rara impide a unha nena acceder a axudas sociais
Julia, unha nena de seis anos residente en Negreira, sofre unha alteración xenética invalidante. Porén, o seu pai e a súa nai non poden acollerse á prestación destinada ás familias con menores con doenzas graves, porque a afección que sofre a súa filla aínda non aparece na lista defninida polo Goberno
O "colapso" volve saturar as Urxencias de varios hospitais galegos polo Nadal
Sindicatos, persoal e pacientes denuncian aglomeracións e longas esperas de moitos doentes nos corredores en diferentes centros hospitalarios. En Marea e BNG culpan a Xunta por "falta de previsión" e piden a "reapertura das camas pechadas"
O PPdeG reduce a mobilización contra a supresión de áreas sanitarias a "oito que sosteñen unha pancarta"
Nunha entrevista na Radio Galega, o deputado popular por Lugo afirmou que as persoas que se manifestan "son os de sempre" e que "pertencen todos a un sindicato" e "o seu horario laboral parece que é aguantar unha pancarta".
"Oxalá no futuro non houbese que premiar nin recoñecer o uso do galego"
Os premios Manuel Beiras recoñeceron este ano o uso do galego no audiovisual, no dereito e no lecer infantil. Illa Bufarda, o Colexio de Avogados de Santiago e Brazolinda reflexionan sobre o emprego da lingua propia e a importancia do galardón.