16 artistas rexeitan participar na exposición do MARCO que busca "acalar as voces discrepantes"
"Non, señor alcalde, así non" titúlase o manifesto asinado por Berta Cáccamo, Vari Caramés, Din Matamoro, Chelo Matesanz, Rosa Úbeda, Manuel Sendón, Tono Carbajo ou Antón Patiño, que critican a mostra promovida polo Concello de Vigo para "vender o fume dun proxecto inexistente"
Feijóo, leña verde
Praza Pública
UGT Galicia di adeus ao 'compañeiro Suso'
OBITUARIO O ex-secretario xeral galego da Unión General de Trabajadores e antigo deputado do PSdeG faleceu na Coruña aos 74 anos. No último período da súa vida centrou a súa actividade na Fundación Luis Tilve
A Xunta di que a súa oferta na folga da Xustiza “non vai variar” malia que as dúas partes xa rebaixaron as propostas iniciais
“Isto non é ningún pulso”, asegura o vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, na quinta xornada de paro, condicionada este martes polo festivo en media Galicia
A loita contra a eucaliptización e os seus efectos, protagonista dos Premios Osíxeno e Dioxina
Manuel Miranda, presidente de Mariña Patrimonio, e as comunidades de montes de Froxán, Covelo e Coruxo, premio Osíxeno á mellor actuación ambiental en 2017. Os premios Dioxina, que sinalan as peores actuacións ambientais, foron para o conselleiro de Industria, Francisco Conde, e para a Consellaría do Medio Rural.
O Torques de Burela queda para sempre en Lugo como propiedade pública
A Deputación de Lugo asina coa familia de Álvaro Gil o contrato que completa o acordo acadado en 2015 para que a valiosa colección sexa propiedade pública
E no teu concello, sodes de martes de Entroido? De luns? de mércores?
Case 200 concellos celebran o Entroido como festivo local. 155 escollen o martes, 15 o mércores, 4 o luns e outros dous repiten festa luns e martes.
Entre o 9% e o 16% da poboación galega non pode manter a súa casa a unha temperatura axeitada
A pobreza enerxética afecta a entre 245 mil e 442 mil persoas en Galicia, en función as estatísticas achegadas por INE e IGE. A factura eléctrica media incrementouse nun 10,7% en 2017, situándose nos 75,52 euros mensuais. O ticket eléctrico da Xunta beneficia unicamente a 5.000 fogares.
Presente e futuros do territorio, a análise no Instituto de Estudos Miñoráns coa colaboración de Praza Pública
Portavoces de PP, En Marea, PSdeG e BNG exporán en Gondomar ao longo dos próximos venres as súas visións sobre as leis de montes e de fomento da implantación de iniciativas empresariais
As historias invisibilizadas das mulleres do Deza represaliadas polo Franquismo
Manuel Igrexas, profesor no IES Laxeiro de Lalín, publica no seu blog Historias de Deza os detalles da represión sufrida dende xullo de 1936 por unha vintena de mulleres da comarca. "A excepción duns poucos nomes de paseadas ou fusiladas, poucas veces as mulleres aparecen citadas nos estudos sobre a represión franquista en Galicia", sinala
Concelleiros do BNG de 20 localidades protestaron en Touro contra o proxecto de megamina
Na concentración participaron representantes de Touro e O Pino, pero tamén de Teo, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, Arzua, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Vila de Cruces, A Estrada, Pontecesures, Catoira, Vilagarcía, Vilanova, A Illa de Arousa, Cambados, Sanxenxo e O Grove, todos afectados polos prexuízos provocados pola instalación
O déficit galego en atención psicolóxica agrávase ao non convocar a Xunta ningunha nova praza de especialista
A vindeira convocatoria de Oferta Pública de Emprego do Sergas non incluirá ningunha praza para especialistas en psicoloxía clínica. O Colexio Oficial de Psicoloxía lembra que dende o 2010 só se convocaron tres prazas e subliña que o ratio galego (3,34 por cada 100.000 habitantes) é moi inferior á media española (4,3)