Cando o presidente da Xunta se reunía con contrabandistas fuxidos ao norte de Portugal
O Diario de Sesións do Parlamento recolle as explicacións de Albor sobre aquel encontro nun pleno de novembro de 1984
Rueda só negociará co persoal da Xustiza se suspende a folga, que segue adiante
Os representantes dos traballadores rexeitan a condición imposta polo vicepresidente da Xunta e continúan cun paro indefinido que cumpre tres semanas con entre 8.000 e 9.000 xuízos suspendidos.
A neve chega este martes e mércores a boa parte de Galicia, mesmo a zonas costeiras
No interior das provincias de Lugo e Ourense haberá acumulacións de neve superiores aos 5 centímetros por riba dos 300 metros e mesmo se espera que caian folerpas en boa parte da provincia da Coruña, a Mariña lucense, ou as comarcas interiores da provincia de Pontevedra.
A loita por unhas pensións dignas e contra a precariedade volve á rúa
Centos de persoas mobilízanse en cidades e vilas galegas convocadas polo colectivo de xubilados e pensionistas da CIG reclamando que se garanta o seu poder adquisitivo e que as pensións mínimas sexan iguais ao salario mínimo.
Caballero e Montoro acordan que os concellos poidan pagar servizos á veciñanza cos aforros de cada ano
O Ministerio de Facenda propón un decreto lei para que as entidades locais poidan reinvestir o seu superávit desde este mes de marzo e até 2019. Concellos como A Coruña ou Santiago valoran o "avance", pero veno "insuficiente" e reclaman "poder decidir a que destinar os cartos segundo a capacidade e recursos" de cada municipio
O BNG encadéase para impedir que a familia Franco volva levar as estatuas do Mestre Mateo
Os nacionalistas reclaman que o Concello e a Xunta adopten medidas cautelares para evitar a saída de Santiago das figuras tras o remate da mostra temporal que as expuxo no Pazo de Xelmirez, xunto á Catedral
As mortes por gripe en Galicia xa superan en febreiro as de toda a tempada anterior
Os 160 falecementos rexistrados ata a sétima semana do ano son 24 máis que na tempada de vixilancia 2016-17 e confirman a senda ascendente dos últimos anos
Tractorada e afouteza veciñal contra a megamina de Touro
Centos de persoas das contornas afectadas polo proxecto megamineiro impulsado pola empresa Cobre San Rafael maniféstanse para advertiren de que non permitirán a "morte" ambiental, agrogandeira e mariñeira das comarcas que, din, traería consigo a apertura da explotación
A Xunta "non cre" que as televisións autonómicas privadas "incumpran" a licenza se non emiten
As licenzas outorgounas o Goberno de Fraga en funcións; Popular TV comezou a emitir en 2009 e pechou en 2013 e V Televisión emitiu de 2010 a finais de 2017. A Xunta explica que as prórrogas que concedeu a estas empresas en 2014 e 2016 a través de senllas reformas legais supón que non emitir non implique incumprimento
Vila de Cruces, capital da 'nova regueifa feminista'
A comunidade educativa do IES Marco do Camballón organiza este sábado o II Encontro de Mulleres Repentistas da Galiza, no que participarán regueifeiras de todo o país, nunha xornada na que haberá debates e tamén un espectáculo aberto ao público.
O feminismo galego manifestarase o 4 de marzo en Vigo
A marcha unitaria decentralízase por primeira vez fóra de Compostela e nos vindeiros anos quérese que teña un carácter rotatorio polas distintas cidades do país. A mobilización, que incluirá concertos e un recital poético, ervirá para difundir a folga xeral de mulleres convocada para o xoves 8 de marzo
O PP suspende de militancia o seu único concelleiro en Dumbría, detido por violencia machista
“Non pode ser compatible” coa militancia en ningún partido, di Feijóo, que coñeceu o caso “polos medios de comunicación”