Por que o asasinato de Diana Quer é xulgado como homicidio e non como feminicidio
Na lexislación española non existe o concepto, que noutros países se emprega para tipificar os crimes con violencia contra as mulleres. Colectivos e xuristas feministas piden que se amplíe o concepto de violencia machista a todo crime “misóxino”.
Comeza o Festival Atlántica: Moito que contar
Compostela, A Coruña, Ourense, Ferrol, Lalín, Teo e Pazos de Borbén acollerán as actividades da edición 2018 do Festival Atlántica de narrantiva oral, que terá lugar entre o 13 e o 18 de marzo e no que participarán 25 contadores e contadoras de Camerún, Brasil, Portugal, Xaén, Tenerife, Madrid, Salamanca, Zamora, Valencia e Galicia
O mundo da interpretación dá "pleno apoio" á actriz Iria Pinheiro ante a súa denuncia por acoso
A denuncia formulada pola actriz nos xulgados de Santiago, adiantada por 'Sermos Galiza', describe unha situación de acoso seguida de "humillacións" e "temor" por parte do director do programa 'Con Amor e compañía', que a empresa producía para a TVG
Fai 'click' e axuda a repoboar os montes de Froxán
O proxecto que busca plantar 10.000 árbores autóctonas neste monte veciñal de Lousame é finalista nun certame internacional de accións medioambientais, no que os e as internautas poden votar ata o 23 de marzo. A iniciativa gañadora recibirá 30.000 euros.
Cinco vídeos para lembrar as históricas mobilizacións feministas do 8M en Galicia
VÍDEOS A mobilización ao abeiro do Día das Mulleres e da folga feminista convocada para este 8M desbordou todas as expectativas e rachou tópicos
O feminismo fai historia nun 8M masivo en Galicia
Milleiros de persoas saen ás rúas nunha exitosa xornada de folga de mulleres en todo o país que superou calquera previsión con manifestacións multitudinarias nas principais cidades
O comité acusa a TVG de "rebentar" a folga substituíndo postos de mulleres en folga con homes
Denuncia que o posto da presentadora do 'Galicia Noticias' en folga foi ocupado por un compañeiro home.
O mundo do deporte tamén reivindica a igualdade
Celta e Deportivo mudan os seus escudos co gallo do 8-M, o Lugo dedica un vídeo ás traballadoras do club e Verónica Boquete cre que "é o momento do feminismo activo"
As políticas galegas na folga feminista: do seguimento na esquerda ao rexeitamento no PP
As deputadas de En Marea e BNG secundan toda a xornada o paro que as representantes do PSdeG apoian dúas horas e que "respectan" pero non seguen as populares. As europarlamentarias Ana Miranda e Lídia Senra tamén paran neste 8-M.
AO MINUTO | 8 de marzo, folga feminista
Galicia únese este 8M á mobilización internacional do Día das Mulleres, marcada desta volta pola histórica convocatoria de folga feminista. Seguimos o máis destacado da xornada no país.
A patronal galega lánzase contra a folga feminista e sentencia que pode "prexudicar" a igualdade no traballo
A patronal galega atravesa unha das súas crises institucionais máis profundas e emite o pronunciamento contra a folga feminista mentres está dirixida por unha xestora provisional
A Coruña e Santiago rexeitan o plan estatal de vivenda e piden máis axudas ao alugueiro e rehabilitacións
Xunto coas cidades de Madrid, Barcelona, Zaragoza, Valencia e Cadiz asinan un manifesto no que piden que o orzamento aumente dos 467 millóns actuais a 2.000 para converxer con Europa