Ciudadanos propón unha reforma electoral que vetaría os partidos nacionalistas no Congreso
Rivera aposta por un limiar do 3% de voto en todo o Estado para obter representación. Nin En Comú, nin En Marea, nin Compromís, nin ERC, nin PNV, nin CDC, nin Bildu, nin CC terían obtido representación con ese sistema. "A sanidade non pode estar en mans dos que queren liquidar España", di.
Persoal da CRTVG pide un "espazo libre de manipulación" no seu cuarto Venres Negro
Traballadores e traballadoras dos medios públicos galegos insisten na mobilización por unha televisión e radio públicas "independentes e de calidade".
Filólogas da Uvigo traballan na primeira bibliografía europea de libros infantís libres de estereotipos
Varias universidades de todo o continente participan no proxecto Gender Identity: Child Readers and Library Collections, G-Book, que busca promover a igualdade de xénero e rachar cos estereotipos tradicionais. A iniciativa inclúe tamén a creación de clubes de lectura ou exposicións itinerantes en toda Europa
O ex-alcalde coruñés Javier Losada, novo delegado do Goberno en Galicia
O elixido non era a preferencia nin da dirección do PSdeG nin do principal barón do socialismo galego, o alcalde de Vigo, Abel Caballero
O patrimonio industrial de Pontevedra únese a unha rede europea para a súa promoción turística
A Deputación promove a incorporación de espazos de Caldas, A Illa de Arousa, O Grove, O Rosal, Silleda e Soutomaior a Industriana, a través do que se promoverá o turismo industrial e se afianzará a súa conservación e estudo.
125 comercios de Lugo convértense en "espazos seguros contra as agresións sexistas"
Concello e Deputación puxeron en marcha a campaña de prevención e sensibilización "Non é Non", aproveitando os festexos do Arde Lvcvs, que comezan este venres
Continúan os recortes no ensino público. O IES Ponte Caldelas denuncia o seu caso
O claustro do centro critica a perda de dúas novas mestras, que se unen ás dez prazas desaparecidas nos últimos oito anos, un terzo do profesorado. Subliñan que a situación do instituto é unha boa mostra do que está a suceder "na maioría de centro públicos de Galicia"
O Castelao máis inédito e outros filmes históricos de Galicia, agora tamén en internet
VÍDEOS | O CGAI permite acceder a filmes recuperados da Filmoteca de Galicia nunha nova web que se estrea cunha escolma de oito pezas con imaxes antigas do líder nacionalista, da emigración galega e da paisaxe e costumes do país, todas elas de importante valor patrimonial e etnográfico.
O Tribunal Supremo declara nulos os despedimentos de mestres interinos no verán
A situación deste colectivo variaba entre unhas e outras comunidades autónomas e en Galicia, por exemplo, só cobraban os meses de xullo e agosto os e as docentes que cobren prazas vacantes pero non os e as substitutas.
Màxim Huerta dimite como ministro pola polémica da súa fraude con Facenda
O xa ex-titular de Cultura asegura que marcha para non danar o proxecto de Pedro Sánchez, reivindica a súa "inocencia" e asegura que a multa da Axencia Tributaria foi froito dunha demanda interposta por el mesmo.
Mil nomes para o memorial dos asasinados polos franquistas en Ferrolterra
O Concello de Ferrol publica a listaxe dos asasinados polo fascismo na súa comarca e na de Eume e Ortegal, elaborada polos historiadores Bernardo Máiz e Xosé Manuel Suárez. A nómina será plasmada nun monumento de homenaxe.
A planta de biomasa prevista por ENCE inclúe un edificio de 50 metros de altura cunha cheminea de 70
O Concello de Pontevedra remitiulle á Xunta un informe esixindo a paralización da tramitación do proxecto polo seu impacto visual, a falta de permisos para as verteduras á ría e a situación de ilegalidade na que se atopa a planta, denuncia. Este sábado terá lugar marcha contra a presenza de ENCE e Elnosa en Lourizán, convocada pola APDR