A Fiscalía mantén a petición de 5 anos de prisión para Emilio Cao
Este luns celebrouse en Madrid a vista oral do xuízo contra o mozo carballiñés, que estivo acompañado dunha concentración de apoio e pola presenza de representantes de En Marea no Congreso e no Parlamento galego. "Síntome máis tranquilo e seguro. A verdade está da miña parte, non hai ningún delito", destaca.
A Coruña uniuse este luns ás cidades cun casco histórico peonil
A Cidade Vella pasa a ter todas as súas rúas peonalizadas, unha medida que o Concello acompaña dun plan de reviltalización do barrio, 248 prazas de aparcamento para residentes e axudas á rehabilitación e para o asentamento de poboación permanente
VíDEO | "O cole rural que mola"
O CPI Virxe da Saleta de Cea (O Cole de Cea) conmemora o seu 50 aniversario cunha canción e cun vídeo titulados "O Cole Que Mola". Dende o centro educativo destacan que se trata "dun cole rural, cheo de vida, que quere seguir así por moitos anos máis"
O CEMMA rescata o seu golfiño número 3.000 en Galicia e alerta da súa mortalidade por pesca accidental
A entidade iniciou a súa actividade en 1990 e só no que levamos de 2018 localizou 96 exemplares desta especie varados nas nosas costas. Calculan que máis de 200 golfiños morren cada ano por capturas accidentais de pesqueiros galegos e tamén subliñan o prexuízo causado polos plásticos.
'La Manada' xa está en liberdade provisional e a decisión volve acender o debate sobre a xustiza
Vigo acolleu este venres unha gran marcha contra a decisión xudicial tras as concentracións celebradas o xoves por toda Galicia
Jorquera e Sanmartín encabezarán as candidaturas do BNG para as alcaldías da Coruña e Santiago
As asembleas locais da formación deron este venres o seu visto bo aos nomes do ex-portavoz parlamentario e da vicepresidenta da Deputación da Coruña
A RAG engade 350 novas palabras, entre elas 'ciberacoso', 'aporofobia' ou 'colaborativo'
Entre as incorporacións figura tamén xestor/-a de comunidade, como alternativa propia ao anglicismo community manager. A Academia incluíu así mesmo no seu diccionario 168 termos matemáticos que enriquecen o glosario especializado da lingua galega.
Un estudo da USC localiza e clasifica os 3.374 petróglifos coñecidos en Galicia
Carlos Rodriguez Rellán, Alia Vázquez Martínez e Ramón Fábregas Valcarce veñen de publicar un traballo que destaca a preeminencia de gravados xeométricos (cazoletas e combinacións circulares) fronte aos naturalistas (zoomorfos ou armas) e analiza a súa distribución xeográfica no país.
O feminismo galego bótase á rúa contra a posta en liberdade de 'La manada'
Noutras dúas ocasións antes da condena o mesmo tribunal si viu claro que a conxunción do risco de fuga e de reiteración delituosa xustificaba a prisión provisional dos cinco acusados
A Audiencia de Navarra deixa en liberdade os membros de 'La manada' ata que a súa condena sexa firme
O 7 de xullo faranse dous anos dende que os acusados ingresaron en prisión, pero a lei contempla a posible ampliación ata un máximo da metade da condena, neste caso dous anos e medio máis
Concellos galegos e portugueses impulsan unha fronte común para demandar novos fondos europeos
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e Abel Caballero, alcalde de Vigo e presidente da FEMP, mantiveron unha xuntanza coa Associação Nacional de Municípios Portugueses, na que se avanzou na elaboración dunha proposta conxunta para o novo marco financeiro da UE a partir do ano 2021. A colaboración na loita contra o lume tamén está na axenda destes encontros.
Compostela asina dous convenios con asociacións para garantir que haxa música ao vivo en locais
As actividades culturais nas que se empreguen equipos de amplificación de son non se estenderán mais alá da 1.00 horas nos venres e sábados, nin das doce na noite os demais días da semana