Nacen as 'Brigadas Deseucaliptizadoras' con voluntariado para o coidado do monte
Promovidas por Verdegaia, están pensadas para organizar os traballos de restauración de espazos e prevención de incendios forestais, promovendo a creación de grupos locais. A primeira acción terá lugar o sábado 21 en Froxán (Lousame)
Patrimoniogalego.net supera os dez mil elementos catalogados
Este catálogo social botou a andar no ano 2011 e dende entón foi crecendo grazas ao traballo desinteresado de ducias de voluntarios e voluntarias, que envían información sobre cruceiros, castros ou petróglifos de todo o país, documentando a súa localización e estado.
Chega a campaña da Renda: poucas novidades e algunhas advertencias
Dende o pasado 4 de abril pode presentarse a declaración da Renda, cuxos prazos rematarán entre o 27 de xuño e o 2 de xullo. Gestha recomenda analizar todas as deducións das que dispoñen os e as contribuíntes antes de aceptar o borrador enviado por Facenda.
A comedia 'Buster' leva catro dos principais premios no V Carballo Interplay
Monumento, mellor webserie en galego e a arxentina Emilia envidia, mellor webserie internacional
A Deputación de Lugo denuncia unha “trama do PP” para que non se abran as residencias de maiores
O goberno do ente provincial acusa á Xunta de dificultar os seus acordos bilaterais cos concellos nos que se emprazan as residencias
O PP faise coa alcaldía de Fene a través dunha criticada moción de censura
Gumersindo Galego convértese no novo rexedor, grazas ao apoio de dous edís de Somos Fene, acusados de transfuguismo. O PSdeG-PSOE abstívose e BNG e EU votaron en contra da moción que acaba co Goberno de Juventino Trigo (BNG)
Compostela acolle o II Encontro de Mulheres da Lusofonia
O evento, que comeza este venres e chega ata o domingo, está organizado pola Academia Galega da Língua e conta coa colaboración de Concello, Marcha Mundial das Mulleres ou a Plataforma Feminista Galega.
A xustiza alemá atranca o plan para axuizar o independentismo catalán por rebelión
A decisión alemá fai difícil que a Fiscalía española poida soster a acusación de rebelión contra un grupo de persoas cando está incapacitada para facelo contra quen ostentaba o maior cargo de responsabilidade no Goberno catalán
A CIG reivindica o "dereito á folga" tras quedar visto para sentenza o xuízo pola demanda de Navantia
A empresa denunciou o sindicato e o comité de folga polo paro de 22 días no mes de outubro pasado para esixir o cumprimento dos acordos salariais e laborais pactados.
Hervé Falciani, o fuxitivo que traballa cos gobernos e ao que España vén de deter
PERFIL Falciani fuxiu en 2008 de Suíza cunha lista de evasores fiscais que sacou do banco no que traballaba, o HSBC. Dende 2012 vivía en España, que negou a súa extradición, e colaboraba coa Axencia Tributaria na loita contra a fraude
A oposición resta credibilidade ás contas do Goberno central tras a baixa execución orzamentaria dos últimos anos
En Marea, PSdeG e BNG coinciden en salientar que o Executivo de Rajoy non está a investir todo o que vén anunciando
O delegado do Goberno central négase a comparecer na comisión de incendios do Parlamento
Santiago Villanueva, que foi director de Emerxencias da Xunta, súmase ao rexeitamento xa expresado pola Unidade Militar de Emerxencias