Milleiros de persoas reclaman en Oviedo a oficialidade do asturiano e do galego en Asturias
A manifestación, convocada pola Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana (XDLA), contaba co apoio da Plataforma pola Oficialidá del Gallego-Asturiano e da Mesa pola Normalización Lingüística. O pasado ano unha enquisa amosou que o 53% da poboación defende a oficialidade.
Moita vida en Youtube para a lingua galega
O Proxecto Youtubeir@s entregou este venres os seus premios nunha segunda edición marcada pola “alta participación” e “gran calidade” dos vídeos participantes, segundo as entidades organizadoras, os servizos de normalización da Deputación da Coruña, as tres universidades e nove concellos
As Encrobas lembran a Moncho Valcarce no seu 25 cabodano
Este sábado terá lugar a II Marcha pola Memoria, que fará fincapé no papel desenvolvido polo crego na loita contra a ocupación de terras por parte de Unión Fenosa en 1977. O pasado ano 300 persoas participaron nos actos, que comezarán ás 11 horas en Pontoxo (Cerceda)
A Xunta adía o debate sobre a chegada de madeira relacionada co asasinato de campesiños en Brasil
Este venres é o aniversario da matanza de Colniza, na que paramilitares acabaron coa vida de nove sem terra. O PSdeG-PSOE presentou unha pregunta parlamentaria -que debería ter sido respondida hoxe- sobre o desembarco en Vigo de madeira relacionada con estes feitos. O aprazamanto "cheira a queimado" para os socialistas
A Xunta renuncia a negociar de xeito bilateral o financiamento autonómico
O Goberno galego defende manter unha postura conxunta con comunidades “aliadas” como Aragón, cuxo presidente se reuniu este mércores con Rajoy
O estudantado galego enche as rúas por un ensino "democrático e feminista"
Máis dunha ducia de manifestacións percorren vilas e cidades do país en rexeitamento da Lomce e por unha Lei Galega de Educación e reclamando un ensino "público, de calidade" e libre de machismo.
54 finalistas optan aos Premios Martín Códax da Música
Un xurado, integrado por profesionais do sector, escollerá os proxectos gañadores, uns galardóns que se entregarán nunha gala o vindeiros 9 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Banquete de Conxo: Celebrando a confraternización como símbolo
Esta fin de semana Compostela acollerá unha completa programación para conmemorar a importancia histórica deste xantar que uniu a estudantes e obreiros 162 anos despois da súa celebración. Unha mesa redonda, un desfiile teatral, roteiros, foliadas, recitais, unha feira do libro e, por suposto, un xantar popular.
A CIG únese ás centrais nacionalistas vascas e catalá para denunciar o "ataque" á democracia no Estado
A central galega, ELA, LAB e Intersindical-CSC denuncian en Compostela a "criminalización" e "persecución" que din sofrer e piden a fin da "represión" en Catalunya.
Os dereitos dos pobos na UE, a debate nunhas xornadas das fundacións Galiza Sempre e Moncho Reboiras
Expertos internacionais reflexionarán no marco do centenario da Asemblea Nacionalista de Lugo impulsada polas Irmandades da Fala considerada o comezo do nacionalismo galego
Do campo de concentración de Iria Flavia a NUMAX: Onde gardamos a memoria da Guerra Civil?
Dende este martes a libraría compostelá expón sete balas Mauser que foron atopadas en Padrón na escavación dun espazo de represión de prisioneiros republicanos. A mostra servirá para reflexionar sobre a forma en que se conserva e investiga a memoria histórica e os seus elementos, en relación co sistema museístico galego
Milleiros de persoas secundan as mobilizacións sindicais a prol das pensións públicas
Unha vintena de mobilizacións convocadas pola CIG e unha ducia de CC.OO. e UGT devolven ás rúas de vilas e cidades a reivindicación de subsidios de xubilación "dignos" para as persoas pensionistas da actualidade e a súa garantía no ámbito público para as vindeiras xeracións