"Non é abuso, é violación": clamor feminista fronte á sentenza da 'manada'
Unha trintena de localidades galegas súmanse ás mobilizacións de rexeitamento á resolución xudicial da Audiencia de Navarra sobre a violación múltiple sufrida por unha moza. "Se tocan a unha, tócannos a todas", clamouse
O movemento feminista galego convoca unha vintena de concentracións de protesta
Máis de 20 cidades e vilas galegas acollerán esta tarde protestas unitarias "contra a xustiza machista". Entidades sociais e partidos denuncian tamén un ditame que cualifican de "precedente xudicial nefasto que contribúe a normalizar a violencia contra as mulleres"
A CUE, gañadora das eleccións estudantís, reclámalle ao novo reitor cambios na USC
A Candidatura Unitaria Estudantil acadou dous de cada tres postos no Claustro. Pídelle a Antonio López unha xuntanza e propón unha fronte común contra os recortes, un protocolo contra a violencia machista e a conformación dun "consello de estudantes".
A absorción total do Pastor culmina o esfarelamento do sistema financeiro galego
O Santander asina a fin definitiva da entidade galega, que queda sen ficha bancaria propia e sen sede social na Coruña e tan só mantén a marca de maneira provisional. O proceso suporá máis despedimentos entre o milleiro de traballadores que ten en Galicia.
"A Policía campa ás súas anchas pola USC"
Unha concentración convocada por alumnado, PAS e PDI denuncia a intensificación das accións policiais no interior das facultades e nos campus. No paro estudantil do pasado 19 de abril varios integrantes de piquetes e un bedel foron identificados polos axentes, o mesmo que na folga do 8M, cando algunha muller foi mesmo acusada de "coaccións".
O Sergas retira da súa web o folleto que recomenda a 'marcha atrás' como anticonceptivo
O documento xa non se pode descargar da páxina, na que se pode ler a mensaxe 'texto en revisión'. Este luns o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, xustificaba que a presenza deste método se debía á decisión de "expertos xinecólogos" e culpaba ao Bipartito da súa publicación.
A chuvia arrastra no Courel cinza dos incendios do outono
As fortes treboadas do pasado domingo provocaron un aluvión de terras que tinxiu de gris do Río Lor. En outubro o lume arrasou 140 hectáreas en Meiraos e Caurel Vivo critica que a única actuación da Xunta foi "botar dous camións de palla en decembro. "Se non se fai prevención, a culpa non é só dos incendiarios", di Óscar Carrete
Queremos Galego reivindicará o 17M o esforzo do "pobo" por normalizar a lingua fronte ao desleixo da Xunta
A plataforma cidadá presenta outra nova mobilización no Día das Letras en Compostela baixo o lema En galego día a día e acusa a Xunta de aplicar un "155 lingüístico" en Galicia.
Homenaxeados os guerrilleiros mortos en 1949 na batalla de Repil
O 20 de abril de 1949 seis homes foron abatidos pola Garda Civil neste lugar, no límite entre Monforte e A Pobra do Brollón. Dende hai dous anos un equipo investiga aquí estes feitos e o pasado sábado varias charlas afondaron no que sabemos sobre a guerrilla antifranquista en Galicia.
Cada vez menos títulos, menos tiraxe, menos editoriais e menos axudas públicas para o libro galego
Son as conclusións do Informe sobre datos da edición en Galicia 2006-2016 publicado polo Observatorio da Cultura Galega do CCG, presentado o pasado xoves na xornada A lei do libro 2006 a debate. Entre 2010 e 2016 o número de títulos en galego caeu un 52% e imprimíronse 1,5 millóns de exemplares menos
O Sergas inclúe a 'marcha atrás' nun folleto sobre métodos anticonceptivos recomendados
Destaca que "non existen métodos bos e métodos malos" e concédelle ao coito interrompido unha eficacia do 73% ao 96%, explicando que "depende de se se emprega correcta e sistematicamente". Advirte, iso si, que non protexe das infeccións de transmisión sexual
Portamérica repite en Caldas con Vetusta Morla ou as Pussy Riot no seu cartel
O festival promove ademais a reforestación do monte con especies autóctonas. Os e as asistentes poderán plantar unha árbore nun espazo da localidade unha vez que finalice o evento, que terá lugar entre o 5 e o 7 de xullo