O Parlamento pedirá por terceira vez a transferencia da AP-9 tras o pau do Constitucional aos vetos do Goberno
A Cámara galega inicia novamente, a iniciativa do BNG, a tramitación do traspaso despois de que o tribunal tombase os argumentos empregados de xeito xenérico por Rajoy para evitar sequera debater esa e outras iniciativas
As reválidas da Lomce volven afrontar en Galicia o boicot que xa triunfou en cursos anteriores
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público volve chamar á insubmisión ás probas de avaliación que a polémica lei educativa impón en Primaria e ESO a finais deste mes. A Xunta recoñeceu até un 40% de absentismo en cursos anteriores, un 80% segundo os impulsores da protesta.
Carballo lembra a loita veciñal por Baldaio 41 anos despois da histórica manifestación
Unha xornada "histórica, cultural e reivindicativa" lembrará aquela emblemática xornada do 8 de maio de 1977 na capital bergantiñá.
Arriva pide autorización para operar trens entre Porto e A Coruña
A empresa do grupo Deutsche Bahn entraría a competir e mesmo mellorar o servizo ferroviario que ofrecen a medias Renfe e Comboios entre Galicia e Portugal
Os pensionistas volven ás rúas galegas para advertir do "espellismo" da mellora pactada
Mobilizáronse en dez localidades e aseguran que o acordo entre PNV e PNV tan só ten un obxectivo político para desbloquear os Orzamentos e que non terá "continuidade" nin servirá para "consolidar" a suba.
O BNG lanza a precampaña municipal con Lores a cantar nun videoclip
O Bloque celebra un multitudinario acto, con preto de 2.000 persoas, en Pontevedra e estrea un tema musical que reivindica o traballo da formación nacionalista e do alcalde da cidade do Lérez.
Dous días de "orgullo de Lalín" polo "pleno respecto á diversidade afectivo-sexual"
A festa, pregoada nesta ocasión polo xornalista da TVG Alfonso Hermida, combina obradoiros e encontros formativos con concertos e actividades lúdicas para "reivindicar que cadaquén sexa o que queira ser"
A Xunta consuma, sen ofrecer alternativas, o desaloxo dunha familia que residía nunha vivenda pública
O Concello de Santiago denuncia que deixar estas persoas na rúa "incrementa a súa situación de vulnerabilidade" e reitera que o IGVS debe contar cun parque de aloxamentos que permita dar solucións a este e outros casos
Nace 'Galicia Laica' poñendo o foco no ensino e no financiamento público da Igrexa
Trátase do grupo galego de 'Europa Laica', que hai uns días participou en Cangas as xornadas “Estado. Igrexa. Escola”, que esixiron a eliminación das aulas dos contidos relixiosos.
Julia Otero defende "a educación e as mobilizacións" contra os ataques á liberdade de prensa
A xornalista recolle en Ferrol o Premio José Couso, que cualifica de "responsabilidade polo nome e polo compromiso moral que leva consigo". O manifesto do Colexio de Xornalistas, redactado por Xosé María Palmeiro, o seu primeiro decano, reivindica o oficio de "informar e servir á cidadanía"
A Xunta insiste en non negociar e en que non fará ningunha proposta nova ao persoal da Xustiza
O vicepresidente Alfonso Rueda mantén que a oferta segue a ser a pactada con catro sindicatos antes do 'non' dos traballadores na votación. USO, CUT, CIG e STAJ buscan acordar unha postura común para negociar co Goberno e insisten en deter a folga de retomarse as conversas.
O Concello de Santiago demándalle á Xunta unha vivenda alternativa para a familia ameazada de desaloxo
Tanto o Concello como Compostela Aberta pídenlle ao Goberno galego unha solución para evitar que tres persoas queden na rúa. A concelleira Concha Fernández lembra que a Xustiza lle encargou á propia Xunta a tutela destas persoas.