O TSXG anula o plan urbanístico de Muxía ao carecer de avaliación ambiental
O tribunal admite a demanda dunha veciña contra a Consellería de Medio Ambiente e o Concello, que "non xustificaron debidamente a omisión do procedemento ambiental legalmente esixido".
Mercedes Peón, Gloria Gaynor e Raphael, cabezas de cartel das Festas de María Pita 2018
O Festival Noroeste, con bandas como The Pretenders ou Belle and Sebastian, e a Romaría de Santa Margarida, desta volta con Xabier Díaz e as Adufeiras ou SondeSeu, son algunhas das principais citas da programación das festas coruñesas
Villares acepta o diálogo con Compostela Aberta pero rexeita "mesas de notables"
A dirección de En Marea manterá un "encontro bilateral" con Compostela Aberta para avaliar a súa proposta de adiantar as eleccións ao Consello das Mareas a setembro e formar unha "mesa de confluencia".
O PP elixe a Pablo Casado e entrégase á dereita máis dura
O novo presidente do PP imponse con case o 60% dos apoios dos compromisarios a Sáenz de Santamaría. Insta a "recuperar Tabarnia", carga contra o aborto, a eutanasia e a "ideoloxía de xénero" e promove cambiar a lei electoral para que goberne e lista máis votada
Caudal Fest: indie á beira do Miño e ás portas do San Froilán
Vetusta Morla, Iván Ferreiro ou Novedades Carminha, entre os primeiros protagonistas do Caudal Fest, que combina concertos xunto ao río cunha primeira xornada no centro de Lugo o 21 e 22 de setembro
Persoal da CRTVG une a información local ás reivindicacións no seu noveno 'venres negro'
Os traballadores dos medios públicos engaden a defensa dos informativos e as desconexións locais ás súas mobilizacións contra a manipulación e polo cumprimento da lei de medios noutra xornada na que vestiron de loito.
Compostela retira as condecoracións a dirixentes franquistas e fai alcalde de honra a Casal
O pleno suprime os recoñecementos recibidos durante a ditadura por nove ministros do réxime fascista. A proposta inclúe a designación de seis rúas da cidade con nomes de mulleres e designa rexedor de honra o político galeguista asasinado tras o golpe de Estado de 1936.
Xunta, CC.OO e UGT asinan o pacto salarial do profesorado, que a CIG ve como "o peor dos últimos anos"
Os docentes galegos verán incrementado o seu salario en 1.260 euros ao ano cunha suba retributiva que non se completará até 2021.
Un museo do blues para o verán lucense
Tras a boa acollida da primeira edición, o festival Blues Museum recunca en Lugo do 20 ao 21 de xullo con Travellin' Brothers, Aurora&The Betrayers e The Cyborgs como cabezas de cartel
A xuíza desestima a demanda sobre 'Fariña' e condena a pagar as custas ao ex-alcalde do Grove
A maxistrada sentenza que o libro de Carretero “está baseado en feitos probados descritos en sentenzas firmes” e que non existe “ningunha vulneración ao dereito ao honor”
A iniciativa '21 días co galego' rompe fronteiras
Pilar Ponte, docente impulsora da iniciativa, explica o exitoso proxecto do IES Pobra do Caramiñal ao alumnado dos cursos de galego para xente de fóra do país e que conta con estudantes de catro continentes.
O Porto vigués planifica un recheo de máis de 5.000 metros que afastará do mar o Auditorio Mar de Vigo
A actuación volve poñer o foco na adiada rexeneración da contigua avenida de Beiramar, pendente dun túnel que a libere de tráfico que está bloqueado pola falta de entendemento entre administracións