Galicia debuta este sábado no europeo de fútbol gaélico en Lorient
Todos os partidos da primeira fase, tanto en categoría masculina como feminina, xogaranse este sábado e as finais o domingo. Os homes enfrontaranse a Gascoña, Francia, Alemaña e Bretaña, e as mulleres a Francia, Alemaña e Bretaña. Este mércores anunciouse que o Festival Intercéltico de Lorient estará dedicado a Galicia en 2019.
A APDR manterá unha xuntanza na Moncloa para tratar o futuro de Ence e Elnosa
Os representantes da entidade non serán recibidos por Pedro Sánchez, que alegou "problemas de axenda", pero reuniranse no complexo presidencial co director do Departamento de Asuntos Económicos. A asociación busca confirmar a caducidade da concesión da empresa ELNOSA e esixirá a reversión da prórroga de 60 anos concedida a ENCE por Rajoy
Un castro en Barreiros é empregado como aparcadoiro para caravanas
O xacemento da Punta de San Pedro de Benquerencia está catalogado e a súa cualificación urbanística é de solo non urbanizable de protección patrimonial. Adega e Mariña Patrimonio demandan que Xunta e Concello inspeccionen a situación e "paralicen as actuacións contrarias a dereito"
O autor da pintada na estatua da Catedral de Santiago exponse a unha sanción de entre 6.000 e 150.000 euros
Unha das figuras da fachada románica da Praza de Praterías amenceu pintada de azul, con bigotes emulando as coñecidas maquillaxes da banda Kiss. O acto vandálico podería ter a consideración de "grave", o que implicaría unha importante sanción económica, segundo o establecido na Lei do Patrimonio Cultural
O Sergas xustifica que o Centro de Saúde de Oímbra acollese a Festa do Pemento
A feira gastronómica, celebrada este domingo, relizou unha das súas actividades no interior do espazo sanitario. A Xerencia de Xestión Integrada respondeu ás críticas da CIG afirmando que o centro pecha as fins de semana e que os actos non se realizarían "en zonas asistenciais".
Morre o actor Ernesto Chao
O actor, nacido en Ribadavia hai 74 anos, finou esta noite en Compostela. Será velado no cemiterio de Boisaca. Moi coñecido polo seu papel de Miro en Pratos Combinados, interveu en 15 filmes e 35 obras de teatro, gañando os premios María Casares e Mestre Mateo. Dirixiu o CDG entre 1986 e 1987, foi o primeiro presidente da Academia Galega do Audiovisual e entre 2016 e 2017 foi presidente da AAAG
'Arnoia, Arnoia', de Méndez Ferrín, converterase nun videoxogo
A iniciativa, apoiada pola Deputación de Ourense, busca dinamizar turisticamente as Terras de Celanova e da Baixa Limia, ademais de achegar a literatura á mocidade. A novela foi publicada en 1985
Galicia rolda as temperaturas máis altas dende que hai datos
En Arbo a máxima chegou este xoves aos 42,9 graos e tamén se superaron os 42 en Arnoia, Leiro ou Ourense, niveis semellantes aos rexistrados o 20 de xullo de 1990. Este venres agárdanse valores parellos e está declarada a alerta vermella no val do Miño entre as 15 e as 21 horas
Ameaza de despido á presentadora que criticou o uso partidista da TVG ante Feijóo
A dirección da canle pública ten en marcha un expediente por falta moi grave contra Tati Moyano supostamente por se maquillar nas instalacións públicas para presentar unha gala contra o cancro. O comité de empresa alega que se trata dunha práctica habitual e ven no proceso unha "represalia" polas protestas
Burela acompaña a Feira do Bonito coa primeira Mostra de Cine Marítimo
Entre este xoves e o sábado poderán verse cinco filmes que afondan na relación co mar e co traballo mariñeiro, títulos que ofrecen "unha mirada absolutamente singular da vida no mar, pero tamén un espazo que convida á reflexión acerca da relación entre o mar e nós mesmos"
A primeira vaga de calor do verán chega a Galicia ás portas das semanas con máis incendios de cada ano
A vaga de calor subirá os termómetros alén dos 40 graos en moitas comarcas do país e só A Mariña manterá niveis suaves. A combinación das altas temperaturas co prognóstico de vento do nordés disparou xa o Índice de Risco Diario de Incendios
Galicia desembarca no Intercéltico de Lorient encabezada por Uxía, Rodrígo Romaní e as seleccións de fútbol gaélico
O gaiteiro Anxo Lorenzo, a banda Sons da Chaira ou o grupo de baile Saíñas forman parte tamén da delegación galega do emblemático certame, que se desenvolve do 3 ao 12 de agosto