O Armadiña Rock prepara unha "descarga" de música na súa décima edición
Combarro acolle do 24 ao 26 de agosto a décima edición do festival, por onde pasarán Sés, Amparanoia, La Pegatina, Terbutalina, Banda Xangai, Zënzar ou Sonoro Maxín. Entrada de balde
Un terremoto de 4 graos sacode Taboada e séntese en localidades de tres provincias
O sismo tivo lugar contra as 2.30 da madrugada a 12 quilómetros de profundidade e notouse con facilidade en localidades do interior da Coruña, Lugo e Pontevedra. Non hai danos materiais nin persoais, segundo o 112.
O Porto de Vigo sinala O Marisquiño como responsable de supervisar as infraestruturas do festival
A Autoridade Portuaria cre que "queda claro" e é "obvio" que son os organizadores do evento os que teñen que levar a cabo a supervisión da zona onde se celebra o evento.
O asasinato de Cabana de Bergantiños confírmase como un caso de violencia machista
A muller, de 50 anos, recibiu dous disparos do seu marido, que foi detido. O matrimonio iniciara recentemente os trámites de separación. Este martes pola tarde haberá concentracións de repulsa nas principais cidades e vilas galegas. É o terceiro asasinato machista no que levamos de ano en Galicia
Así foi o Revenidas 2018
GALERÍA DE IMAXES | Este domingo pecháronse tres intensos días de música en Vilaxoán. O festival Revenidas celebrou a súa 15ª edición, coas actuacións de Soziedad Alkohólica, El Drogas, Russkaja ou a Banda Xangai
O BNG pide a Pedro Sánchez "pasos firmes" para recuperar os bens "roubados" polo franquismo
Ana Pontón critica a "pasividade" do Goberno central á hora de recuperar Pazo de Meirás, a Casa Cornide e as estaturas do Pórtico da Gloria durante o acto institucional polo Día da Galiza Mártir. En Marea reivindica o papel das muleres represaliadas polo fascismo na homenaxe a Bóveda.
O 13º venres negro na CRTVG chama xa á gran mobilización polos medios públicos en setembro
Os comités de empresa da CRTVG e da RTVE-Galicia chaman a manifestarse o día 8 do vindeiro mes "pola dignidade" da radio e televisión públicas nunha marcha na que "por primeira vez" persoal dos dous entes de comunicación "une as súas forzas nunha acción de protesta deste calibre".
O aumento do salario mínimo aos 1.000 euros beneficiará a 143.000 traballadores galegos
Máis do 20% das persoas asalariadas a tempo completo en Galicia cobran menos de 1.000 euros brutos ao mes. Serán as que se beneficien do acordo asinado por CCOO e UGT, segundo datos deste ultimo sindicato.
As 'Brigadas deseucaliptizadoras' traballarán nun monte comunal de Cotobade afectado polos incendios do outono
Este sábado 18 a súa actividade estará centrada na eliminación de eucaliptos e acacias na comunidade de Rebordelo, que quere crear un espazo dedicado á conservación ambiental e de uso público, xerando un cordón de protección de frondosas que protexa a aldea
Máis versións contraditorias sobre as responsabilidades no accidente no porto de Vigo
Festivais de Galicia asegura que non é obrigado inscribir o plan de autoprotección na Xunta para que sexa válido, como di o Goberno. O PP alude a condenas ao Concello por caídas no paseo para insistir en que o mantemento dependía da administración local, que nega que a estrutura afectada sexa da súa competencia.
15 anos de Revenidas, máis Revenidas ca nunca
O festival celebrarase este venres, sábado e domingo en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), coas actuacións de Soziedad Alkoholika, El Drogas, Dakidarría ou Banda Xangai. Os abonos teñen un prezo de 35 euros. Na noite do sábado tamén terá lugar a tradicional Sardiñada Popular.
ADEGA esixe á Xunta que suprima as autorizacións para cazar lobos
Tamén solicita autorización sobre as batidas autorizadas no último ano e o seu resultado. Lembra que a poboación do lobo en Galicia leva décadas estable e avoga por prácticas preventivas, información e por un pagamento de indemnizacións xustas. O Goberno galego recortou este ano un 25% o orzamento para compensar os danos provocados por este animal