Villares reivindica a "diversidade" de En Marea e pide centrarse na xente que "non ten un goberno digno"
O portavoz asegura que "non vai haber ruptura" na formación, á que reivindica como "espazo aberto" e "sen cancelas". "Temos capacidade de sumar desde esa diversidade e nós entendemos a nosa alternativa política desde esa suma de diversidades sociais", di.