Día Nacional 2018
Villares reivindica a "diversidade" de En Marea e pide centrarse na xente que "non ten un goberno digno"
O portavoz asegura que "non vai haber ruptura" na formación, á que reivindica como "espazo aberto" e "sen cancelas". "Temos capacidade de sumar desde esa diversidade e nós entendemos a nosa alternativa política desde esa suma de diversidades sociais", di.
Caballero proclama o “compromiso coa terra” do PSdeG e recupera a denominación oficial de 'Día Nacional'
VÍDEO | Os socialistas dan un lugar destacado ao ex-presidente Touriño no seu tradicional acto ante o busto de Castelao en Rianxo
Pontón erixe o BNG en garantía de “optimismo” e “esperanza” para o cambio político no país
VÍDEO | A portavoz nacional do Bloque defende ante os milleiros de persoas que secundaron a tradicional manifestación da formación soberanista que “as xeracións de hoxe” serán quen que protagonizaren o “salto adiante” do nacionalismo galego coa vista posta nas vindeiras municipais
Todas as principais forzas agás o PP conmemoran o Día Nacional de Galicia con actos políticos e de lecer
AXENDA | A axenda política do 25 de xullo volve ter Santiago como epicentro, aínda que tamén inclúe actos noutras localidades como Rianxo, Mugardos ou Sarria
Nacional
Laureano Araujo70 anos do 'Alba de Groria', letra de Castelao para a "festa maior de todos os galegos"
DESCARGABLE | O histórico discurso pronunciado polo líder galeguista en 1948 en Bos Aires tornou en símbolo político e ideario de todo un movemento político.
Cinco anos coa Xunta ausente no Día Nacional e dez co autogoberno conxelado
A entrega das Medallas de Galicia facía as veces de celebración oficial do Día Nacional ata que o actual Goberno deu en trasladalo ao día 24 tras o accidente de Angrois. O acto chamado 'A Véspera', en tempos do bipartito, foi o máis semellante á instauración dunha celebración institucional do Día Nacional alén das Medallas dende os tempos da preautonomía
25 olladas a Galicia para o Día Nacional
Praza.gal pediu a 25 persoas de diversos ámbitos que dedicasen un intre a definir o país, a súa visión do Día Nacional ou as súas aspiracións para a Galicia do futuro. Vinte e cinco visións para o Día Nacional.