Ourense chegará ás eleccións de 2019 cos orzamentos de 2014, que o PP cualificara como "unha vergoña"
A última vez que a cidade aprobou as súas contas en tempo e forma foi no ano 2004. Dende entón sucedeuse un ronsel de atrasos e prórrogas, ata chegar aos presupostos actuais, que o Executivo socialista sacou adiante hai case catro anos a través da Xunta de Goberno Local
A Xunta di que agora si multará por non arrincar os eucaliptos próximos a vivendas
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, di que "ninguén se pode sorprender" pois "houbo tempo de que cada un tomara conciencia das súas obrigas". "Non se trata de arramplar con todo, senón de gardar as distancias nas especies que propagan máis o lume", afirma.
A CIG pide a Pedro Sánchez ir alén dos "xestos": "Ou se derrogan as reformas ou non haberá recuperación de dereitos"
Xa non valen as escusas de falta de apoio parlamentar para non derrogar a reforma laboral; igual que se chegou a un acordo para poñer fin ao Goberno do PP, teñen que conseguir as forzas necesarias para o cambio de políticas", afirma a central sindical soberanista nunha quincena de mobilizacións
Unha vintena de concentracións protestarán este mércores contra o asasinato machista do Porriño
De momento están convocados actos en 23 cidades e vilas. Mª Magdalena Moreira Alonso morreu este luns a mans do seu marido, do que se separara hai dúas semanas.
O Hospital da Mariña non contará con resonancia magnética fixa, malia as promesas de mellora da Xunta
En setembro Núñez Feijóo aseguraba que tralas obras de ampliación "o Hospital da Costa terá servizos como ten o hospital de Lugo". CIG-Saúde denuncia que a carencia destas instalación provoca "derivacións" de pacientes a centros privados
O equipo do Festival de Cine de Ourense renuncia definitivamente ao non recibir "unha proposta firme"
Fran Gayo e Analía G. Alonso, director artístico e produtora do OUFF, publicaron este luns un comunicado no que afirman que o feito de carecer dunha "proposta clara e formal" para a organización do edición 2018 do evento significa contar cunhas condicións "moi lonxe das desexables" para o seu traballo
O Día do Orgullo Galego estará dedicado este ano a Lorca, cunha edición inédita dos 'Seis Poemas'
A celebración, o 28 de xuño, conxuga a reivindicación dos dos dereitos das persoas LGTBI e a conmemoración da aprobación do Estatuto de Autonomía de 1936. Chan da Pólvora Editora publicará os Seis poemas galegos do autor andaluz nunha versión ata agora inédita, recollendo a forma orixinal dos textos.
O Estado sementa dúbidas sobre a viabilidade económica da mina de Touro
O Instituto Geológico y Minero de España (IGME), dependente do Ministerio de Economía, analiza a memoria do proxecto, alerta do "optimismo" nos cálculos económicos, considera "pouco realista" a previsión dos custos da enerxía e pídelle "unha análise máis achegada á realidade".
Acampa 2019 valora celebrarse á vez na Coruña e Brasil
O evento estará centrado na problemática das mulleres refuxiadas. O obxectivo, segundo o profesor Marcos Sorrentino (Universidade de São Paulo) é involucrar os oito países de lingua portuguesa, cinco deles no continente africano.
As clases media e alta representan só o 28% da poboación galega
Un informe da Fundación Ramón Areces sobre a distribución da renda ao longo da crise económica salienta que entre 2007 e 2016 o peso da clase alta e media descendeu máis de cinco puntos. O estudo sitúa o 36,4% dos galegos e galegas na pobreza e outro 35,1% na clase media-baixa.
Pontevedra lanza unha plataforma de intercambio de libros de texto
Trocalibros diríxese ás familias dispostas a permutar os manuais pero que non entran no banco de libros escolar. Está aberta ao alumnado entre 3º de Primaria e 2º de Bacharelato e prohibe a esixencia de contraprestacións económicas.
Outra marcha contra ENCE ponlle deberes ao novo Goberno central
A APDR volve mobilizarse e advirte das "circunstancias especiais" deste ano polo cambio no Executivo, que "deixa nas mans do PSOE" cumprir coas súas promesas e decretar a caducidade da concesión de Elnosa e buscar a anulación da prórroga á papeleira.