En folga feminista: "paramos porque estamos fartas e temos forza e decisión"
VÍDEO Mulleres que nos últimos días participaron nas mobilizacións previas á folga feminista poñen voz á cobertura especial de Praza.gal e Nós Televisión para este 8M
O que ti, home, podes facer o 8M para apoiar a folga feminista
O movemento feminista difunde unha serie de recomendacións dirixidas aos varóns que queiran colaborar coa folga de mulleres deste xoves: ocuparse das tarefas de coidados e facilitar que as compañeiras de traballo ou de estudos poidan seguir o paro. E, ademais, non ser protagonistas.
Unha folga de xornalistas, de avogadas, de mestras, de deportistas, de investigadoras...
O manifesto de xornalistas en apoio da folga feminista achégase xa ás seis mil sinaturas de profesionais de todo o Estado. Nos últimos días outros colectivos están lanzando iniciativas semellantes, que subliñan as situacións de discriminación e machismo que sofren nos seus ámbitos respectivos.
Rueda volve pedir deter a folga ao funcionariado de Xustiza, que recibe o apoio do Concello da Coruña
O vicepresidente da Xunta asegura que a súa proposta é "absolutamente lóxica" e nega que sexa unha "chantaxe". O alcalde coruñés, Xulio Ferreiro, recibe unha representación dos traballadores e pide ao Goberno galego que "teña vontade de diálogo e negocie" as súas "reivindicacións".
Milleiros contra a desigualdade e pola folga do 8-M nunha enorme marcha feminista en Vigo
Unha multitudinaria manifestación, con 15.000 persoas segundo as convocantes, percorre as rúas da cidade clamando pola igualdade e chamando ao paro de mulleres do vindeiro xoves
'Dhogs' arrasa nuns Mestre Mateo de reivindicación feminista e da cultura galega
A opera prima de Andrés Goteira convértese no filme con máis galardóns da historia dos premios, ao obter 13 galardóns nunha gala que reclamou máis espazo para as mulleres e máis uso e presenza da lingua propia no audiovisual galego.
Caballero sitúa o PSdeG como referencia nas locais fronte aos "problemas de xestión" doutras forzas
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pediu no Comité Nacional "apoio e orientación" a toda a militancia socialista para que o partido sexa o "mellor instrumento" para o cambio en Galicia
Vigo acolle este domingo a marcha unitaria do feminismo galego previa á histórica folga do 8M
Galegas 8M, que xunta ducias de colectivos feministas de Galicia, celebra unha manifestación que chama a "sumarse" ao paro xeral do xoves e que reivindica a xornada "como día de loita, logo de anos de ser utilizada como mera conmemoración".
O BNG impulsa a recuperación do Pazo de Meirás tamén na Eurocámara
A eurodeputada Ana Miranda vai propoñer ao grupo de traballo de Memoria Histórica do Parlamento Europeo que asuma as propostas da súa formación para recuperar o inmoble.
A CIG denuncia denuncia nomeamentos a dedo e sobresoldos para os cargos do Sergas en Santiago
A central sindical reclama "que se garanta o acceso atendendo aos criterios de igualdade, mérito e capacidade".
Vés á feira? Un documental web permite dar un paseo virtual polos mercados tradicionais
Vén de lanzarse Feira (feiradoc.gal), un documental interactivo sobre a feira na Galicia contemporánea. Dirixido por Laura Santos e Jorge Vázquez, reúne testemuños de feirantes de todo o país. Realizouse co apoio da II Bolsa Nacho Mirás para novos e novas tituladas, impulsada polo CPXG
A mobilización non se detén: "Máis pensións e menos corrupción"
Centos de xubilados e xubiladas volven saír á rúa en Galicia, desta vez convocados por UGT e CCOO, para denunciar a "suba de merda" do Goberno central do 0,25% das súas pensións.