"Fuxide, correde, bulide": alerta veciñal e chamada á mobilización contra a mina de Touro
VÍDEO | A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa chama a participar na manifestación do vindeiro 10 de xuño en Compostela contra o proxecto mineiro e advirte da "destrución", o "sufrimento" ou a "herdanza envelenada" que pode supor a súa reapertura.
PortAmérica abre o 5 de xullo unha nova xeira dos #RíasBaixasFests
O evento contará con 32 grupos e artistas e con máis de 25 chefs no seu ShowRocking gastronómico. No escenario, Vetusta Morla, Izal, La Pegatina, La Habitación Roja, Pussy Riot, El Columpio Asesino ou Xoel López.
'Vivir2Veces', un documental percorrerá a traxectoria de Xosé Manuel Beiras
O filme sobre o líder nacionalista supón o primeiro traballo da produtora OlloVivo, que incluirá tamén un webdoc e que prevé a súa estrea na primavera de 2019. O proxecto "libre e crítico" abre un espazo para apañar achegas cidadás.
O Concello de Viveiro activa un protocolo para evitar agresións sexuais no Resurrection Fest
O festival non rexistrou ningunha denuncia nas doce edicións celebradas. Haberá carteis con información, puntos de referencia aos que acudir e formación específica para a Policía Local
Galicia aséntase entre os territorios con maior sinistralidade laboral no Estado
O país foi a segunda comunidade autónoma con máis accidentes graves (117) no primeiro trimestre de 2018, tras un incremento do 33%. No último ano, rexistráronse 459 percances de gravidade e 43 mortais.
Agamme alerta de que un 23% das nenas e un 15% dos nenos son vítimas de violencia sexual
A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores foi unha das entidades participantes na xornada Infancia e adolescencia. A cara oculta da violencia de xénero, que se celebrou esta fin de semana en Pontevedra e na que se demandou a incorporación da perspectiva de xénero nos ámbitos sanitario, educativo e xudicial
A Lei de Espectáculos pon en risco a realización de concertos en locais
Dentro dun mes entrará en vigor a nova norma, que impón dificultades para as actuacións en recintos pechados que non conten con licenza de sala de concerto. O Concello de Santiago reclámalle á Xunta a creación da categoría de bar musical
Valença organiza unha ruta nocturna pola memoria da fronteira e das “trapicheiras”
O próximo venres un percorrido guiado invita a coñecer as “atividades de sobrevivência dos homens e mulheres de Valença, proporcionados pela condição de fronteira” con Tui
'Matria' triunfa en Cans cos premios á mellor curta de ficción, interpretación feminina, do público e dos veciños
O festival destaca o alto nivel da sección de animación, con dúas películas, Afterwork e Sea, premiadas nas categorías xerais
Unha marcha reclama na Coruña a recuperación para o público dos terreos de Defensa e o Hotel Finisterre
A marcha discorreu ao longo das antigas murallas da cidade entre Porta Real e Campo da Estrada-Maestranza.
Arrasan a mazadas a sede de Marea Atlántica
Varios descoñecidos provocaron numerosos desperfectos en todo o local que a formación ten na praza do Humor da Coruña
O PSOE activa a moción de censura contra Rajoy como resposta ás condenas da Gürtel
O Grupo Socialista no Congreso rexistrou a iniciativa con Pedro Sánchez como candidato antes de iniciar a xuntanza da Executiva do PSOE que debaterá os detalles. A data do debate que podería desbancar o PP do Goberno de España queda nas mans de Ana Pastor
- Feijóo reduce o caso Gürtel a que Bárcenas “non foi un tesoureiro moi exemplar e iso puido contaminar o PP"
- INTERACTIVO | Posibles combinacións de votos para que a moción saia adiante
- “Os certificados de credibilidade repártenos os cidadáns”, di Rajoy despois de que a Audiencia dubidase do seu testemuño