Un recurso pedirá este martes o regreso do rapaz compostelán expulsado a Paraguai
Daniel Vera Martínez foi expulsado de España en novembro, con tan só 19 anos, dos que pasara 14 en Compostela. O Foro Galego de Inmigración convoca unha concentración ás 10 horas ante os xulgados de Fontiñas
As eleccións francesas máis abertas: Catro candidatos con opcións de pasar á segunda volta
A unha semana da primeira volta dos comicios presidenciais, que se celebrará o 23 de abril, a vantaxe nas enquisas de Macron e Le Pen sobre Fillon ou Mélenchon reduciuse ao mínimo.
A saúde, protagonista da 'Semana Galega de Filosofía'
Persoal sanitario, catedráticos/as, filósofos/as e xornalistas impartirán 15 relatorios entre o 17 e o 21 de abril no Teatro Principal de Pontevedra
Unha Galicia aínda católica, pero cada vez menos 'practicante'
Máis de sete de cada dez galegos e galegas decláranse crente, pero entre eles e elas menos da metade vai a misa algunha vez | Só o 27% dos e das contribuíntes entrega parte dos seus impostos á Igrexa | As vodas civís case triplican as relixiosas | O alumado de Relixión caeu 20 puntos nunha década
Éxito de asistencia aos GPUL Labs, que buscan espallar a filosofía do software libre
As catro primeiras charlas da segunda edición desta iniciativa encheron as súas 160 prazas. Prepáranse agoras as novas actividades -obradoiros, conferencias e hackathons- que se celebrarán na Coruña e Compostela.
Oliver Laxe denuncia a negativa de TVE a apoiar os seus filmes
O director galego publica unha tribuna en El País na que dá conta que a Televisión Pública rexeitou participar na película que está a realizar sobre os incendios forestais, ao igual que tampouco apoiou os seus dous primeiros traballos, que acadaron un grande éxito internacional.
Galicia celebrou o aniversario da Segunda República
Actos en todo o país lembraron neste 14 de abril a problamación da Segunda República en 1931 e homenaxearon as persoas represaliadas polo réxime franquista, reivindicando un ano máis o camiño cara á constitución dunha Terceira República.
Menos construción, máis rehabilitación
Tralo estalido da burbulla inmobiliaria Galicia leva catro anos rehabilitando case o mesmo número de inmobles que edificios de nova planta se levantan.
Non só católicos: En Galicia hai 277 lugares de culto doutras confesións
O Observatorio do Pluralismo Relixioso ten rexistrados case 300 templos non-católicos. Máis da metade son evanxélicos e medio cento corresponden a Testemuñas de Xehová. Hai tamén 21 musulmáns, 13 budistas e mesmo 1 druídico. Mapa interactivo no interior
A Xunta pagaralle 242.000 euros a unha empresa externa para o deseño do Observatorio da Vivenda
Este mércores publícase no DOG a convocatoria, que externaliza este servizo. O gañador do concurso deberá realizar informes ou xestionar unha páxina web
Unha adega experimental no campus para investigar os viños galegos do futuro
No Campus Terra desenvólvense estudos ligados á elaboración de viños e sidras ou o envellecemento dos caldos en barricas de carballo galego
Competencia multa a ACB, pon fin ao canon e facilita o camiño á elite de Breogán, COB e Coruña
A CNMC imponlle unha sanción de 400.000 euros polo mecanismo "discriminatorio e desproporcionado" que impón un elevado pago aos clubs que ascenden da LEB Ouro e cualifícao de "mecanismo de expropiación" que "non supón un mellor funcionamento da competición"