O persoal do 112 irá á folga indefinida desde o vindeiro 15 de abril
O comité de empresa do Servizo de Atención a Emerxencias anuncia un paro ata que a Administración o reciba e insisten en denunciar as consecuencias negativas do traslado do seu centro de traballo á Estrada o vindeiro 18 de abril.
Mulleres creadoras e webseries galegas, protagonistas do Carballo Interplay
O Festival de Contidos Dixitais celebrará a súa cuarta edición do 4 ao 6 de maio, convertido xa nun referente a nivel estatal. Todas as actividades son de acceso libre e gratuíto.
Chegan as primeiras oposicións da Xunta reservadas a persoas con discapacidade intelectual
Terán lugar este sábado en Compostela e nelas 429 aspirantes optarán a cubrir seis prazas. Trátase dunha vella demanda das entidades que traballan pola inclusión e a inserción laboral destes colectivos
Melona Fest: Catro días de concertos en Compostela
Entre o xoves e o sábado a segunda edición deste festival ofrecerá as actuacións dos holandeses The Mauskovic Dance Band, dos galegos Fluzo, Esposa, BULTO, Esteban & Manuel, Pálida e Boyanka Kostova e dos portugueses Surma, O Manipulador e Tren Go! Sound System.
Augas de Galicia confirma a contaminación provocada en Noia pola mina de San Fins
As análises realizadas tralas denuncias de varios colectivos amosan que o nivel de cadmio supera en 28 veces o máximo permitido. ADEGA esixe que se denegue o permiso de vertedura e lembra o risco para a actividade marisqueira na ría.
Dúas entidades culturais documentan 22 novos achados arqueolóxicos no sur de Ourense
Monterrei, Cultura e Territorio e Alto Támega rexistran en Patrimonio tres novos castros, unha ara romana, un sartego altomedieval e oito estacións de arte rupestre, entre outros xacementos de gran valor. Piden a súa inclusión no Inventario de Bens Patrimoniais para a sua conservación e protección legal.
A contratación temporal reduce o paro e aumenta o emprego en 5.500 persoas en Galicia
O desemprego rexistrado descende en marzo en 1.868 persoas, unha baixada de novo inferior á media estatal. No primeiro trimestre de 2017 asináronse case 210.000 contratos, máis do 90% deles temporais
As músicas galegas e portuguesas (re)coñécense no Encontro Minho-Galiza
Sés e o portugués Pedro Abrunhosa abordaron en Tomiño as razóns "políticas, sociais e culturais" do "descoñecemento" da produción musical entre ambos territorios
CIG e CGT critican con dureza o convenio do telemarketing asinado por CCOO e UGT
As dúas centrais maioritarias chegaron a un acordo coa patronal do sector. CIG e CGT critican que o pactado mantén a precariedade para o persoal
Villares tamén será voceiro da coordinadora de En Marea
A nova coordinadora tivo 18 votos a prol e 2 abstencións; 12 persoas do Consello non participaron na votación. Villares admite que sería "desexable" aprobar unha dirección "integradora", se ben o xeito en que se produciu a elección tamén "forma parte da normalidade"
Un día para rachar de vez coas barreiras ás persoas con autismo
O movemento asociativo das persoas con TEA e as súas familias reclama no seu día muncial unha lei de accesibilidade "firme e eficaz" e máis implicación do mundo político e empresarial
OBITUARIO | José Luis Sucasas: coñecemento, retranca e amor polo país
O economista, enxeñeiro, escritor e ex-edil do BNG en Lalín José Luis Sucasas, colaborador de Praza Pública, faleceu este 1 de abril na Toxa.