Víctor Freixanes optará a presidir a RAG
O ex director da Editorial Galaxia formalizou a súa candidatura. A Real Academia Galega celebrará o vindeiro martes un pleno extraordinario no que escollerá presidencia e unha nova directiva.
García de Paredes terá que devolver os 5,5 millóns da súa indemnización de Novacaixagalicia
A Xustiza condena o que fora director adxunto de Novacaixagalicia a devolver os 5,58 millóns percibidos e declara a nulidade do contrato asinado co consentemento do consello de administración malia "non ter un pleno e cabal coñecemento do seu contido"
Os 9.000 anos das pinturas rupestres da Cova Eirós convértenas nas máis antigas de Galicia
O grupo que investiga o xacemento situado en Triacastela vén de datar con precisión o momento de realización dos símbolos atopados nas paredes da caverna. As pinturas megalíticas existentes noutros puntos da comunidade son 3.000 anos posteriores
A recuperación a costa do futuro e as pezas da maquinaria
Praza Pública
A Xunta esgrime que mantivo o bus escolar de ida e cancelou o de volta para "facilitar a conciliación"
Algo máis de 24.000 estudantes non asistiron a clase na segunda xornada de nevaradas. Feijóo defende a suspensión parcial do transporte e os sindicatos educativos censuran que a Consellería "traslade as súas responsabilidades"
Adif recorre a imputación do seu ex-xefe de seguridade no caso de Angrois
O ente ferroviario entende que a normativa europea que esixiría unha avaliación de riscos diferente "non era aplicable no momento do accidente" e que tampouco "existe consenso" entre os expertos sobre se o era ou non.
Alertan de "centros de ocio" que funcionarían ilegalmente como escolas infantís
A Asociación Galega de Escolas Infantís (AGADEI) critica o crecente "intrusismo" de establecementos que ofrecen servizos de atención continuada de 0 a 3 anos sen contar cos necesario permisos para facelo.
"O sector agrogandeiro demanda innovación tecnolóxica para maximizar marxes"
Sinergia G6, empresa do Porriño, ofrece solucións para achegar medicións e rexistros en tempo real para granxas. A compañía, creada en 2015, está especializada na avicultura.
A Xunta delega en familias e docentes a suspensión das clases polas nevaradas
Case 8.000 estudantes non acudiron este mércores a colexios e institutos galegos na primeira xornada de paro do transporte escolar pola mala meteoroloxía. CIG e STEG lamentan a "improvisación" da Consellería de Educación.
A CIG denuncia os obstáculos á estabilización do persoal investigador laboral
A mesa de Función Pública aproba este mércores o decreto que se regula o réxime de contratación do persoal investigador laboral da administración galega. O sindicato advirte de que a norma impide a estabilidade e dificulta a realización de proxectos
DE SERVIZO | Concellos afectados pola suspensión do transporte escolar a causa das nevaradas
A Consellería de Educación decidiu suspender o transporte escolar e as actividades no exterior en diversas comarcas do país por mor das alertas meteorolóxicas previstas para o 22 e 23 de marzo. Estes son os concellos afectados
Eventos de todo tipo celebran o Día Mundial da Poesía
Carral, Noia, O Porriño ou Compostela acollen actos nunha xornada na que se anunciou a programación da Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol e se escolleron os gañadores do certame Ari[t]mar de música galega e portuguesa