Play-Doc inicia o mércores a súa edición "máis diversa" e arriscada
O 13º Festival Internacional de Documentais de Tui aposta por un certame "controvertido tanto na forma como nos contidos", no que haberá sitio para "rarezas, creadores polémicos e obras censuradas", ademais dunha sección de cinema galego con doce filmes, entre eles sete estreas.
O proxecto mineiro de Erimsa ameaza 200 granxas leiteiras na comarca de Ordes
O SLG denuncia que as investigacións da empresa norueguesa na procura de seixo poderían poñer en perigo uns 500 postos de traballo directos nos concellos de Frades, Mesía, Oroso e Ordes e que só crearían 8 indirectos
O PSdeG pide que un grupo de deputados visite o Pazo de Meirás
Os socialistas reclaman que o Parlamento de Galicia organice unha visita institucional para comprobar os incumprimentos da familia Franco
Beiras entrega a Antón Sánchez o relevo á fronte de Anova co encargo de unir a esquerda e o nacionalismo
O 82,3% dos participantes na III Asemblea do partido outorgan o seu apoio á lista única encabezada polo deputado autonómico para conformar a nova coordinadora, que o 1 de abril elixirá o seu portavoz
O Consello Nacional do BNG propón unha nova dirección ampliada e reforzada con cargos electos
A executiva nacional pasaría de 15 a 19 persoas e traballaría “coa vista posta nos comicios locais de 2019”
Irlanda agarda a Luceiro, “pequeno, non zoupón”
Un lobo mariño rescatado en decembro fronte a San Andrés de Teixido emprendeu este sábado viaxe, xa recuperado, cara augas do Gran Sol.
Manifestación por unha Lei de Identidade de Xénero: "Que non te enganen, a diversidade existe".
Arelas (Asociación de familias de menores trans), Amizando (colectivo trans adulto) e Ultreia LGTBI convocan unha marcha este sábado en Compostela. Partirá da Praza do Obradoiro para rematar no Toural
O deputado Antón Sánchez encabeza a única lista da asemblea nacional de Anova
Beiras e Noriega ocupan os postos terceiro e quinto da candidatura, na que finalmente non se integra o sector crítico da orgnaización
Os Bolechas van ao Parlamento para explicarllo á rapazada
A Cámara galega presenta os materiais didácticos cos que, a través da popular familia, tentará "espertar o interese dos máis novos sobre os valores democráticos"
A planta proxectada por ENCE necesitaría mil toneladas diarias de biomasa
A APDR alerta de que os cultivos enerxéticos necesarios para a planta de produción eléctrica, que polo momento non se instalará en Pontevedra, ocuparían terreos gandeiros e agrícolas produtivos, afondando no empobrecemento e despoboación do rural.
Os salarios descenden por debaixo do nivel de 2013, ao tempo que se dispara o IPC
Os datos publicados polo INE, correspondentes ao 4º trimestre de 2016, amosan unha redución do custo laboral por traballador que pasa dos 1.448,48 euros de 2015 aos actuais 1.438,94 euros, o dato máis baixo en case catro anos. Os prezos subiron novamente en febreiro, ata acadar un ascenso interanual do 3,3%.
Os sindicatos alertan do risco de peche de boa parte das oficinas do rexistro civil
CC.OO. sinala que o borrador da reforma da lei elaborado polo Ministerio de Xustiza só garante a existencia dunha oficina por comunidade autónoma, unha vez que comecen a funcionar as novas aplicacións informáticas. AXG-CUT denuncia unha "privatización encuberta" do servizo