O Goberno central queda sen apoio para convalidar o decreto da estiba
O Congreso bota abaixo o texto legal do Executivo, algo que non ocorría desde 1979 e que confirma a debilidade do PP para sacar adiante as súas iniciativas. A abstención de Ciudadanos e o voto favorable do PNV non foron foron suficientes ante a negativa de Podemos e PSOE.
"Hai un fervedoiro de xente á espera de organizarse para dar unha resposta á eucaliptización"
O biólogo Pedro Alonso foi un dos impulsores da Asemblea contra a Eucaliptización celebrada en Moaña, que pretende sentar a base dunha rede galega que aborde esta problemática. "Ata aquí chegamos, non se pode seguir así", di quen reflexiona sobre a política forestal e as alternativas.
As multas por transportar patacas nos 31 concellos afectados pola couza chegan aos 3000 euros
Garda Civil e Policía Autonómica iniciarán controis de tráfico nos vindeiros días. A Xunta decretou unha zona tapón noutras 16 localidades límitrofes, nas que os e as produtoras tamén deben declarar as plantacións e os tubérculos recollidos non se poderán dedicar a sementar
Éxito na primeira gran folga en Pescanova en 56 anos
Segundo os sindicatos a totalidade das 700 traballadoras e traballadores da empresa en Galicia secundaron este martes a primeira das dúas xornadas de folga convocadaspara reclamar uns convenios colectivos "dignos" e rexeitar "a precarización das condicións laborais"
As persoas encausadas pola ocupación da Yago chegan a un acordo coa Fiscalía
Os dous acusados de tenza ilícita de explosivos recoñecen este delicto, asumindo condenas de 18 meses. As penas para o resto fican reducidas a unha multa duns 3.600 euros
Dorothé Schubarth será recoñecida co Premio Honorífico dos Martín Códax
Foi a autora do Cancioneiro Popular Galego, a máis importante recompilación do noso folclore musical. Será na gala de entrega da cuarta edición dos galardóns da Asociación Músicos ao Vivo, que se celebrará o vindeiro 3 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Moaña pon a base para unha rede galega contra a eucaliptización
A I Asemblea contra a Eucaliptización, que reuniu 18 colectivos en Moaña, impulsa a creación dun colectivo a nivel galego que poña en valor os montes, que defenda a súa xestión racional e biodiversidade e que artelle unha resposta común contra a implantanción do eucalipto no país.
Precariedade, pensións e enfermidades laborais: as labregas buscan dignificar o seu futuro
Activistas como Teresa Burgo, Beatriz Figueroa o Victoria Portas analizan en Mondoñedo as alternativas para mellorar as condicións e expectativas de milleiros de mulleres do rural no caso de caer enfermas ou tras a súa xubilación. Fano no 'Encontro Anual da Secretaría das Mulleres do SLG'.
O galego Toxo renuncia a un terceiro mandato á fronte de CCOO
O sindicalista ferrolán decide deixar a secretaría xeral logo de algo máis de oito anos para dar pasa a "novas xeracións". O consello federal do sindicato apoia unanimamente o líder en Euskadi, Unai Sordo, para que sexa o vindeiro líder da organización.
Feijóo lanza xa a precampaña das municipais coa vista posta nas cidades
O presidente da Xunta fai balance dos 100 primeiros días de goberno e insiste na "estabilidade" como principal valor fronte aos que "non gobernan" e insta o PPdeG a non esperar ao "desgaste" dos seus rivais.
Festival solidario da Semente para apoiar o ensino en galego en Ferrolterra
A terceira edición conmemora o centenario da Irmandade da Fala de Ferrol este domingo en Narón e destinará os seus beneficios ao espazo de ensinanza na lingua propia para os máis pequenos da comarca.
Os xulgados reciben máis dun cento de denuncias ao mes por violencia machista en Galicia
Galicia rexistrou un total de 5.683 demandas por violencia de xénero durante 2016, unha media de 15 ao día e unha cifra que supón un incremento do 9% respecto do pasado ano. A maioría delas preséntase logo de que se levantase un atestado policial.