A Xunta culmina a renuncia a pechar o Consorcio de Benestar coa integración do seu persoal
Política Social e Facenda asinan coa CIG, CC.OO. e UGT a integración do persoal do Consorcio no convenio colectivo da Xunta e poñen fin a un conflito que se prolongou durante unha década. O actual Goberno chegou a aprobar a disolución do ente, pero nunca a culminou.
VÍDEO | "Eu son feminista porque..."
Alumnas e alumnos do IES Politécnico de Vigo lanzan un vídeo no que explican as súas razóns para definirse deste xeito. Trátase dunha iniciativa impulsada polas profesoras Carme Adán e Ana Ojea
O feminismo galego bótase á rúa "para avanzar" cara á igualdade real
Unha manifestación feminista unitaria abre os actos do Día das Mulleres. "A sociedade non pode permitir ningunha agresión máis", advirten.
'María y los demás', triunfadora nuns Mestre Mateo que chaman á igualdade de oportunidades
O audiovisual galego celebra a diversidade creativa na décimo quinta entrega dos seus galardóns nunha gala moi musical inzada de chamadas a loitar contra a precariedade laboral neste oficio
Concellos de todo signo abren a porta ás persoas refuxiadas e instan o Estado a tomar exemplo
Unha ducia de gobernos locais galegos únense á iniciativa de Amnistía Internacional a prol da acollida. "Queremos facer chegar esta mensaxe ao Goberno central, é hora de que asuma a súa responsabilidade", di a entidade
Adif recúa e mantén a venda de billetes nas sete estacións galegas onde ía pechar o servizo
A empresa pública diríxese á Xunta e aos concellos afectados para confirmar o mantemento dos servizos e atribuír a controversia á "falta de información" e non ao rexeitamento unánime de veciñanza, sindicatos e forzas políticas
"A percepción é que o risco mineiro diminúe, pero é aínda maior"
Contraminacción organiza este sábado a terceira edición dos 'Encontros sobre Impactos da Minaría', na que expertos e activistas de diferentes países debaten e comparten reflexións sobre os proxectos empresariais que ameazan terras, auga ou mesmo o patrimonio.
Feijóo desbota a taxa turística que propón o Concello de Santiago: "Non interesa, non hai overbooking"
O alcalde compostelán defende ante o presidente da Xunta máis fondos para a capital galega e avanza que o martes pedirá ao rei a convocatoria do Real Padroado como fonte de investimentos cara ao Xacobeo 2021
O 'Pergamiño Vindel' volve á terra que inspirou as súas cantigas
O documento orixinal das sete cantigas de amigo de Martin Códax, será exposto desde outubro en Vigo, a cidade e contorna que o inspirou hai oito séculos. Será a primeira vez que a obra saia da Morgan Library Museum de Nova York desde a década dos 70.
Agricultura aproba o decreto que obriga a destruír os cultivos afectados pola couza da pataca
O Consello de Ministros acorda un plan para o "control e erradicación" do patóxeno que afecta 31 concellos galegos, onde non se podrá plantar. O Parlamento aproba por unanimidade unha serie de medidas e o BNG pide a dimisión da directora xeral de Gandería e Agricultura.
Os membros da subcomisión da hepatite serán testemuñas na investigación aos cargos do Sergas
Lago Louro ordena ao Sergas que identifique os integrantes da comisión para que declaren na causa aberta polas eivas no subministro de medicamentos, na que se investiga dous altos cargos da Xunta por un presunto delito de prevaricación e homicidio.
A Deputación ofrece o 45% dos fondos para restaurar o Pasatempo se a Xunta achega outro tanto
O alcalde de Betanzos mantén este venres unha xuntanza con Patrimonio onde lle proporá ese "acordo a tres bandas" no que a Administración autonómica achegaría o 45% e o municipio o 10% restante dos 1,3 millóns de investimento para recuperar este histórico parque.