Unha 'Porta para o exterior' para a lingua galega, aberta e agora en libre descarga
Axóuxere e AGAL puxeron esta semana o documental en libre descarga na rede. O filme "pretende dar a coñecer sen intermediarios cales as razóns para afirmar que galego e portugués son variedades do mesmo idioma" e aposta por unha "mudanza de vía" para a lingua falada en Galicia.
A memoria dos galegos e galegas, en máis de 15 mil fotografías
A startup Phottic acolle na súa plataforma online un gran número coleccións de imaxes recollidas por diversos concellos (Fene, O Vicedo, O Barco de Valdeorras, Viveiro, Celanova, As Pontes, Maceda, Arteixo ou Carballo) comunidades escolares (en Navia de Suarna) ou entidades sociais e particulares
Naukas volve á Coruña, e desta volta fixa a vista no Universo
O evento de divulgación científica encherá o Teatro Rosalía de Castro este sábado, con dez charlas agrupadas baixo o título A vida, o universo e todo o demais
Actos en todo o país homenaxean a Rosalía no 180 aniversario do seu nacemento
A Deputación da Coruña celebrou este xoves o seu acto institucional no monumento dedicado á poeta na Alameda compostelá, construído con achegas populares, e que este ano celebra o seu centenario. A RAG, a AELG ou a Deputación de Lugo organizaron tamén actividades de recoñecemento.
A Xunta di non saber se Ferroatlántica quere vender as centrais galegas malia que xa o anunciou
Feijóo e Francisco Conde aseguran que a empresa non comunicou ao Goberno as súas intencións pese a que xa o fixo publicamente e mesmo pactou a operación. O presidente acusa a Ana Pontón de "incordiar" e o conselleiro de Economia di que a oposición "vive nunha realidade distinta".
Baiona celebra unha nova edición da súa festa da Arribada
A localidade presentou este martes en Compostela a celebración, que terá lugar entre o 3 e o 5 de marzo, conmemorando o aniversario da chegada á vila da carabela La Pinta en 1493, que traía a nova da chegada a un novo mundo.
Marta Villar e o programa 'En Xogo' serán recoñecidos nos Mestre Mateo
A directora de arte recibirá o premio de honra Fernando Rey en recoñecemento á súa traxectoria, na que foi responsable dos decorados de Pratos Combinados, Rías Baixas, ou A Casa de 1906. O programa deportivo da TVG, con máis de 30 anos de traxectoria, recibirá o José Sellier
Sacyr denuncia un membro de Adega por tomar mostras de auga na mina de Lousame
A mineira de San Fins, filial de Valoriza Energía, presenta denuncia contra o secretario executivo da asociación por acceder ao recinto mineiro e tomar mostras que revelaron a "alta carga contaminante" das augas
Outra folga no telemárketing en Galicia por un convenio digno
A CIG, apoiada pola CGT, convocou un paro secundado polo 65% dos traballadores, que protestan polas exiguas protestas da patronal nunha negociación que se mantén bloqueada desde hai máis de dous anos.
O novo cinema galego recunca en Sarria fixando a ollada nas migracións
A vila lucense acollerá o 18 de marzo a segunda edición da Escolma de Cinema Galego, coordinada por Alberte Branco, proxectando entre outros filmes Os días afogados e No Cow on the Ice
As Encrobas, 40 anos despois: "A nosa terra aínda non é nosa"
Veciños, testemuñas e protagonistas do enfrontamento co Garda Civil de hai catro décadas conmemoran aquela xornada no mesmo lugar.
O BNG pide nos Peares que a Xunta recupere a xestión pública dos saltos hidroeléctricos
O Bloque desprega unha enorme pancarta na localidade onde se criou Feijóo para reclamar ao Goberno galego que aproveite o final das concesións dos encoros para recuperalos. A formación nacionalista pedirá no Parlamento que o Executivo aposte por unha tarifa eléctrica galega.