A recollida porta a porta implantada en San Sadurniño reduce o lixo outro 36%
O novo sistema de recollida e clasificación, impulsado polo Concello e Adega, logra reducir en 1.000 quilos ao mes os residuos que envían a Sogama os lugares implicados, que ven como se lles reduce tamén a factura e amosan a súa satisfacción co novo modelo.
23 equipos participan na final galega da First Lego League de robótica
A competición dirixida a centros de de secundaria de toda Galicia terá lugar este sábado no Auditorio de Ferrol. A final española celebrarase en Logroño en marzo. 12 mil alumnos e alumnas de todo o Estado toman parte no evento.
O 'Ano Casares' comezará o 21 de febreiro en Nigrán
A RAG e as restantes institucións que organizan actos ao redor do homenaxeado no Día das Letras presentaron este luns o calendario de actividades, que inclúe en novembro a celebración dun Simposio na Coruña, Compostela e Ourense.
As radios escolares galegas e portuguesas inauguran o seu portal
Escolas nas Ondas comeza este luns a súa actividade coincidindo co Día Mundial da Radio e cunha emisión en directo de 8 horas dende o IES Terra de Turonio (Gondomar)
ADEGA achega un vídeo como proba das batidas de lobo "fraudulentas"
A asociación denuncia que en Cotobade a Xunta autorizou varias accións de xeito repetido (a última, este domingo) argumentando que as anteriores fracasaran. Porén, a entidade di ter probas de que hai dúas semanas unha loba foi cazada alí, o que convertería en irregular a última autorización.
O fanzine 'Nin pólvora nin magnolias' lanza o seu primeiro número
Vén de saír á rúa esta revista, que se define como "contracultural" e que dá espazo a temas vinculados ao underground artístico: música, tatoo, cinema, antropoloxía, entre outros
Declaración da Coruña: Unha axenda atlántica para a Europa das cidades
As administracións participantes na Conferencia de Cidades do Arco Atlántico traballarán de forma conxunta en asuntos de participación, mar, ciclo da auga, medio ambiente ou desenvolvemento urbano, "para que a cidadanía" das rexións occidentais do continente "teña voz en Europa”
Pandereteiras da Alén e Serafín Mourelle, mestras e mestre da memoria
A AELG celebrou este sábado a súa Asemblea Xeral de socios e socias, na que nomeou a portuguesa Hélia Correia Escritora Galega Universal 2017 e acordou que Pilar García Negro sexa a próxima Escritora na súa Terra
Ordes homenaxea os seus 12 veciños fusilados en Boisaca hai 80 anos
A Asociacion Cultural Obradoiro da Historia e os familiares dos asasinados organizan este sábado unha homenaxe no cemiterio compostelán
Por unha Galipedia con máis científicas
A enciclopedia libre organiza ao longo deste sábado un wikimaratón en liña co obxectivo de crear, ampliar e mellorar artigos relacionados coas mulleres na ciencia, biografías de científicas e as súas achegas
Ferreiro aposta pola mobilidade sostible e a xustiza social no cumio das cidades do Arco Atlántico
A Coruña acolle esta fin de semana a Conferencia de Cidades do Arco Atlántico e aposta por que estas urbes "poñan en valor as potencialidades da parte máis occidental de Europa e os intereses comúns"
Feijóo pide un pacto PP-PSOE para priorizar o AVE a Lugo e que BNG e En Marea se sumen
O presidente da Xunta comprométese á construción dunha residencia de maiores na cidade e di que a chegada da alta velocidade é un "obxectivo irrenunciable"