A AAAG cuestiona o procedemento de selección do elenco da próxima obra do CDG
Tres membros do tribunal do concurso público desenvolvido pola Agadic dimitiron pola “falta de acordo coa administración” en canto ao procedemento xurídico que regula a selección dos e das profesionais para Martes de Carnaval
Adega denuncia na Fiscalía as batidas para controlar a poboación do lobo en Galicia
A asociación ecoloxista entende que as autorizacións de caza desta especie"non cumpren coas condicións recollidas" na normativa e acaban causando "un prexuízo ambiental e ecolóxico" ou "auténticas chafalladas".
Primeira sentenza da Gürtel: 13 anos de cadea para Pablo Crespo, ex-número 3 do PP en Galicia
O que fora secretario de Organización do PPdeG vén de ser condenado xunto a Correa e 'El Bigotes' no caso que investiga o amaño de contratos para Fitur co Goberno valenciano. A Fiscalía Anticorrupción pide a entrada inmediata no cárcere dos tres líderes da trama corrupta.
O BNG 'racha' as facturas de Fenosa: "Non nos chegan as desculpas, queremos sancións"
O Bloque rompe recibos da eléctrica nun acto de protesta simbólico contra os "abusos e a impunidade" da compañía na defectuosa prestación de servizo durante o temporal. A formación nacionalista insiste na tarifa eléctrica galega e en rebaixar do 21% ao 4% o importe do subministro.
Sinbad fai cinco anos. Festa!
O blog Se o vello Sinbad tivese fillos celebra o seu quinto aniversario e conmemórao este sábado en Vigo, nunha celebración con contacontos, música, sorteos..., á que todo o mundo está convidado.
A Deputación de Lugo acusa a Xunta de "mentir" para evitar apoiar as súas residencias de maiores
O conselleiro de Política Social asegurar "querer arranxar a situación" e insta o ente provincial a inscribir a súa Sociedade Urbanística como entidade prestadora de servizos sociais
O Colexio de Traballo Social insta os gobernos a non revelar datos sanitarios e sociais da veciñanza
A presidenta do COTSG alerta, tras a difusión de datos médicos do presunto autor dun asasinato machista, do risco de espallar información médica ou social e de ligar enfermidades mentais con condutas violentas
O Consultivo asegura que elección 'a dedo' dos seus letrados non ten "relación" coa súa independencia
O pleno do organismo encaixado de velar polo encaixe legal das decisións da Xunta sae "en defensa" da "exquisita correción" do seu presidente ante as peticións de dimisión formuladas por En Marea e PSdeG
Lalín vence a Fenosa: anulada a liña de alta tensión prevista nas Fragas de Catasós
A xustiza desestima o recurso da compañía eléctrica contra a negativa do Concello a outorgarlle licenza para a construción da infraestrutura que ameazaba unha área de importante valor paisaxística.
O xulgado cita a declarar este mes os dous altos cargos do Sergas polo caso da hepatite C
O xuíz dá cumprimento así ao auto da Audiencia da Coruña, que estimara parcialmente o recurso da Fiscalía e acordara investigalos tamén por un posible delito de homicidio imprudente tras declarar por posible prevaricación.
'María y los Demás' e 'Dalia, a Modista' encabezan as nominacións do Mestre Mateo
O filme dirixido por Nely Reguera opta a 13 premios, entre eles o de mellor longametraxe, ao que tamén son candidatas Cen Anos de Perdón, Migas de Pan e Mimosas. A gala de entrega celebrarase o vindeiro 4 de marzo na Coruña
A Coruña aproba a creación dun Consello da Memoria Democrática
A proposta da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica foi aprobada cos votos de Marea, PSOE e BNG e a abstención do PP. Inclúe unha Oficina de Atención ás Vítimas da represión franquista e pode servir de apoio á Querela Arxentina contra os altos cargos da ditadura