As vítimas de Angrois piden a Rajoy que as reciba e non repita con elas os erros do Yak-42
A Plataforma Víctimas Alvia 04155 remite unha carta ao presidente do Goberno de España para pedirlle audiencia e instalo a promover senllas investigacións política e técnica sobre o sinistro
Norwegian: "Rosalía era ideal, recuperou o galego como lingua de cultura e foi pioneira no feminismo"
A compañía aérea Norwegian optou pola escritora galega para decorar un dos seus novos avións. Decidiuse pola escritora galega polo seu carácter rompedor, tanto á hora de reivindicar a lingua como ao defender as mulleres e a clase traballadora.
Fomento dá o visto e prace: Lavacolla pasa a chamarse aeroporto Rosalía de Castro
O ministro De la Serna pon en marcha o procedemento administrativo para mudar a denominación do aeródromo á espera de que o acepte AENA tras a proposta do Concello de Santiago que impulsara o goberno local.
Rexeitamento xeral á obriga de contar cun tesoureiro en todos os concellos
Dende o 1 de xaneiro todas as localidades están obrigadas a contratar persoal con habilitación nacional para este posto. O vicepresidente da Fegamp pide que se derrogue a norma, mentres que Xunta ou a Deputación de Lugo apostan por flexibilizala e adiar a súa aplicación.
Numax: oito escritores, unha máquina de escribir, un conto
A libraría compostelá inicia este mércores con Margarita Ledo Tac, Tac, Tac, un proxecto comisariado por Suso de Toro, que escolleu oito autores e autoras que unha vez ao mes escribirán a máquina un relato nun curto espazo de tempo, un texto que só existirá nese papel e que só poderá ser lido alí.
Outra investigación procura unha solución "biolóxica" contra a avespa velutina
Deputación da Coruña e USC asinan un convenio para investigar novas alternativas contra unha praga que segue a espallarse por Galicia. Buscará parásitos de avespas e abellas galegas que afecten a velutina sen prexudicar insectos autóctonos.
Ferreiro convoca para o sábado o pleno da cuestión de confianza na Coruña
Non descarta aínda un acordo co PSOE tras a ruptura das negociacións a pasada semana pero convida a Mar Barcón a "dar un paso atrás"
Repulsa en Galicia polo primeiro asasinato machista do ano
Unha veciña do Carballiño foi acoitelada polo seu marido, xa detido como presunto autor dos feitos. O Parlamento, varios concellos e o movemento feminista convocan concentracións de rexeitamento desta nova agresión de xénero con resultado de morte.
"Cos drons estamos ante unha grande oportunidade, a nivel tecnolóxico e de empresa"
ENTREVISTA Falamos con Fernando Navarro, fundador e CEO de Aerial Insigths, unha empresa que ofrece servizos de procesado e xeracións de mapas a partir das imaxes captadas por calquera usuario/a cun avión non tripulado
Galeguismo e nacionalismo homenaxean a Castelao en Rianxo
BNG, En Marea, Anova, CxG, Cerna, Foga, Coalición Galega e o PCPG estiveron presentes no acto en memoria do político, escritor e artista rianxeiro.
Cinco conselleiros deixan o Parlamento mentres seguen os que soan como candidatos nas municipais
Os conselleiros de Facenda, Infraestruturas, Cultura, Sanidade e Medio Rural deixan a acta de deputados mentres a manteñen Alfonso Rueda, Beatriz Mato, Rey Varela, Francisco Conde e Rosa Quintana. O vicepresidente xa apostara hai unhas semanas por manter os de "perfil máis político".
En Marea adía a elección da coordinadora e das portavocías
O Consello das Mareas reuniuse este sábado en Compostela no que definiu como "toma de contacto" e no que se aprazou definir como se articulará a portavocía e aredacción do documento político da formación.