O perito independente de Angrois conclúe que Adif incumpriu a obriga de analizar o risco da liña
Bota "especialmente de menos" que a avaliación fose sobre o sistema "completo". A Audiencia da Coruña pediu que se aclarase a cuestión ao reabrir o caso o pasado maio e agora depende do xuíz instrutor valorar ese informe ou outros que eximen de responsabilidade á empresa pública.
'Lito', o rei das orquestras, ante a xustiza: pídenlle 14 anos e 53 millóns de multa
A Fiscalía acusa o empresario, que controlaba máis da metade do sector das verbenas en Galicia, dun delito de fraude fiscal de 9,5 millóns entre os anos 2011 e 2012. Sentará no banco dos acusados o vindeiro xoves por presuntamente non ter declarado polo 92% dos ingresos.
O Estado accede a negociar coa Coruña a xestión pública dos terreos portuarios
A poxa dos terreos da Solana e do Finisterre queda suspendida "mentres haxa negociacións" tras a xuntanza do alcalde co presidente de Portos do Estado, que acepta buscar alternativas "desde a iniciativa pública" para os terreos que quedarán liberados coa posta en marcha de punta Lagosteira.
A oposición rebaixa a euforia de Feijóo polos resultados da Conferencia de Presidentes
En Marea, PSdeG e BNG repróchanlle ter acudido "sen plan" e "sen posición de país" e acúsano de conformarse "co statu quo". Villares e Pontón advírtenlle que Galicia "non é rexión nin provincia" e apostan por un modelo de financiamento "propio" ou por un "pacto fiscal".
O PP forza o bloqueo do Concello de Sarria ao vetar a contratación dun tesoureiro
O Goberno local non pode pagar as nóminas ante a ausencia dunha persoa que ocupe este posto. Os populares rexeitaron dúas veces no pleno a creación da praza. A alcaldesa Pilar López (PSdeG-PSOE), que goberna en minoría, pídelle unha solución ao Ministerio de Facenda
A lista 'Máis alá' logra o 60% da dirección de En Marea
A candidatura encabezada por Luís Villares terá 21 dos 35 membros do Consello das Mareas, no que 'Somos quen' obtén 9 representantes e 'Queremos participar', 5.
A Academia abre a consulta dixital de case 4 mil fotografías e documentos do seu arquivo
Pódense consultar online as referencias de 32.628 elementos vinculados á historia de Galicia desde o século XI ata a actualidade e descargar copias dixitais de 3.750 deles.
ACOUGA recoméndalles ás vítimas das cláusulas solo que acudan á vía xudicial
"A solución extraxudicial permitiralles aos bancos demorar os pagos e ofertar a modo de rebaixas fórmulas de compensación que prexudicarán os afectados", denuncia a entidade
Unha Galicia máis cálida e máis seca?
O Informe Climatolóxico de Meteogalicia revela que dende o 2002 as temperaturas medias anuais presentan unha tendencia constante á alza, unida a uns exercicios cada vez máis frecuentes con escasas precipitacións. 2016 foi un ano cálido e humido, sobre todo na primeira metade do ano
Ramón Varela, Patricia Gabeiras e Ribeiregas, premio Osíxeno á mellor acción ambiental
A entidade anunciou os e as gañadoras dos seus premios Osíxeno e Dioxina, cos que cada ano distingue as "mellores actuacións ambientais" e as "accións máis nefastas", respectivamente. O conflito de Reganosa e a problemática da eucaliptización estiveron moi presentes nas escollas.
"O traballo grupal en espazos de coworking mellora a calidade dos descansos"
O pasado sábado 14 de xaneiro celebrouse a inauguración do Espacio Nido Compostela, un novo local de coworking na cidade. Falamos cos seus responsables
Fitur: Así se presenta Galicia ao mundo en sete vídeos
A Feira de Turismo convértese estes días nun escaparate privilexiado para a promoción de cidades e países. Son varias as administracións galegas que acompañaron a súa campaña de difusión con vídeos realizados para a ocasión. Dende o Concello da Coruña á Deputación de Lugo, pasando por Mazaricos, Vigo, Cambados ou a propia Xunta