Marilar Aleixandre ingresa na RAG cun chamado a "termar da paisaxe"
A escritora, bióloga e catedrática intégrase na Academia cun discurso no que reivindica a natureza, a xustiza social e a igualdade de xénero. "As institucións do noso país están demorando en recoñecer as mulleres como intelectuais", di.
Tres candidaturas concorrerán ás eleccións internas de En Marea
A composición das candidaturas será proclamada oficialmente este luns, unha vez rematado o prazo de corrección de erros e resoltas as posibles reclamacións. Villares coida que a lista da que forma parte, na que tamén participa Beiras, conta cun apoio "moi maioritario"
A Cova Eirós achega pistas sobre o proceso de substitución dos neandertais en Galicia
Os responsables das escavacións neste xacemento situado en Triacastela deron conta en Compostela dos seus máis recentes achados, que permiten coñecer moito mellor a forma de vida dos poboadores do actual territorio de Galicia nos últimos 40.000 anos
O BNG pide no Parlamento a denegación da Autorización Ambiental a ENCE por ser contraria á lei
Sinala que a prórroga concedida á planta contravén as Directrices de Ordenacion do Territorio, o Plan de Ordenación do Litoral e as normas sobre augas residuais e emisións industriais.
O Sergas prevé un incremento da "intensidade" da gripe entre acusacións de "colapso" hospitalario
O 061 rexistra unhas 400 chamadas semanais ligadas á gripe e prevé un incremento da intensidade do virus na vindeira semana. Feijóo insta a poboación a "utilizar os servizos públicos antes da gripe para non ter que usalos durante a gripe"
Dapena dimite como portavoz socialista no Concello da Coruña
O voceiro do PSOE deixa o cargo apenas un ano e medio despois de que o asumise en substitución de Mar Barcón, que dimitira tras o devalo electoral do partido na cidade.
A loita polos dereitos da muller dunha condutora de autobús vira nun calvario laboral
A CIG pide penas de cárcere para empresarios de Autobuses de Calo por "acoso laboral e violencia de xénero" contra Nélida Pisco, que sofre un tormento desde que en 2009 defendese o dereito a ser nai e non ser despedida. A última artimaña da compañía fai que a DXT lle impida conducir.
Vilagarcía lembrou o xuíz Luis Pando Rivero no 80 aniversario do seu asasinato
No acto, organizado pola Iniciativa Cidadá pola Memoria Histórica, participou Baltasar Garzón. O maxistrado, nacido en Asturias, foi executado en decembro de 1936, despois de exercer durante catro anos na vila
O LGx15 difunde xa na Rede os vídeos das charlas para o futuro da lingua
A CTNL colga en YouTube a primeira das parolas que se desenvolveron o pasado 24 de novembro no proxecto que achega argumentos e consellos para influír positivamente sobre o uso e prestixio da lingua galega.
O Colexio de Xornalistas ve "inaceptable culpabilizar as vítimas da violencia machista" nos medios
O CPXG apela á "responsabilidade" tras a publicación en medios galegos dun artigo que fai responsables as vítimas de agresións de xénero da violencia que sofren
A falta de persoal no Centro de Saúde de Navia, "indicador do que está a suceder en todo Vigo"
Unha manifestación, convocada por SOS Sanidade Púplica, protestará este mércores pola saturación que sofren profesionais e pacientes, sobre todo nos servizos de pediatría. A mobilización demandará melloras no servizo en toda a área sanitaria
O custo total do rescate público das caixas galegas: máis de 9.000 millóns
O proceso de reestruturación das antigas Caixanova e Caixa Galicia foi o cuarto do Estado que máis custou ás arcas públicas, segundo un informe do Tribunal de Cuentas que eleva a máis de 60.000 millóns o custo acumulado da reestruturación bancaria en España.