A coordinadora de En Marea acorda impulsar unha candidatura única para dirixir a formación
Luís Villares amósase "moi satisfeito" por un acordo que cre "inmellorable". A lista será "de consenso e participada por todo o espazo da confluencia".
Case o 90% dos contratos a mulleres no pasado mes foron no sector servizos
A inmensa maioría da contratación feminina dáse nos grupos ocupacionais peor pagados: hostalería, comercio ou limpeza.
A Comisión en Defensa do Común propón modificar o PXOM para evitar a privatización da Solana
Presentoulles aos catro grupos municipais unha moción, que se debaterá no pleno do vindeiro luns, na que pide que a Administración Central do Estado devolva gratuitamente os terreos ao Concello da Coruña
A sentenza dun xulgado galego que pon freo ao cobro por liberar móbiles
Un xuíz da Coruña declara nulo a cláusula do contrato de Vodafone que establecía cobrar polo desbloqueo do terminal unha vez finalizado o período de permanencia nan compañía.
4 de cada 10 menores de 45 anos en Galicia mercan habitualmente en Internet
A porcentaxe de galegos e galegas que realizaron algunha compra online nos últimos 3 meses é do 23%, cun crecemento de catro puntos nun ano. Porén, entre os 16 e os 45 anos as transaccións a través da rede aumentan moito máis rapidamente
O ex-alcalde do Grove denuncia o autor de 'Fariña' por "inxurias e calumnias"
Alfredo Bea Gondar demanda o xornalista galego Nacho Carretero polas afirmacións que sobre el fai na exitosa obra sobre o narcotráfico en Galicia, onde se abordan as relacións de numerosos políticos galegos coa delincuencia organizada arredor do tráfico de drogas.
Xunta e ASOCIM instan a Ponte Caldelas a non pechar o Centro de Información para a Muller
A presidenta da Asociación de profesionais dos CIM (ASOCIM) e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella mantiveron unha xuntanza. A localidade pontevedresa recibe case 30 mil euros ao ano para manter este servizo
2016 foi o ano con máis horas de sol en Santiago do último cuarto de século
O observatorio da USC rexistrou insolación "nun 52,1% das posibles horas de exposición solar" do ano. Uns 1.400 dos máis de 1.800 litros por metro cadrado de chuvia que caeron durante o ano rexistráronse nos primeiros cinco meses
Almuíña nega que houbese atraso ningún no subministo de tratamentos contra a hepatite C
"Negamos a maior", di o conselleiro de Sanidade, que cualifica os dous cargos do Sergas investigados de "excelentes profesionais" e que se nega, "evidentemente", a destituílos. "Apartalos sería un demérito para o servizo sanitario galego", asegura.
As mulleres do sector primario, protagonistas da Axenda Feminista 2017
A sétima edición desta iniciativa do Observatorio da Mariña pola Igualdade salienta o traballo dunha ducia de mulleres de toda Galicia, Galegas en leiras de mar e terra, "que dende os seus proxectos vitais e laborais traballan a terra e o mar para alimentarnos"
30 mil persoas pasaron pola sala Numax neste 2016
O cinema compostelán estreou un cento de filmes, nun ano no que tamén realizou actividades formativas e colaboracións con festivais (WOS, Curtocircuíto, Cineuropa). Screenly e Caimán proxectarán na Coruña os tres mellores filmes españois da historia
Crítica unánime ao bloqueo "partidista" da Xunta e do PP á Área Metropolitana de Vigo
O Goberno galego rexeitou rexistrar o ente argumentando eivas na súa constitución e que incumpre o convenio de transporte metropolitano. O veto do PP á Área xera oposición en PSOE, Marea e BNG e únese aos obstáculos que tamén está a poñer para a posta en marcha do proceso na Coruña