Catalunya impón a lóxica na festa do fútbol feminino galego
A selección galega cae con claridade (0-5) ante un experimentado e potente combinado catalán na reestrea da 'Irmandiña' logo de oito anos de ausencia. Unhas 4.500 persoas presenciaron o partido no campo da Lomba de Vilagarcía.
Arbitraxe, asesoramento, vía xudicial... As persoas afectadas polas cláusulas solo buscan solución
A banca está disposta a obrigar a recorrer á xustiza para reclamar o que lles foi cobrado indebidamente. Feijóo cre "lóxico" que as entidade "ingresen de oficio" o importe pero ofrece o Instituto Galego de Consumo de non facelo. En Marea esixe un sistema de arbitrio como o das preferentes.
Derrubando muros con pintura: as paredes rexeneradas de Carballo xa teñen libro
Un libro xunta textos literarios e xornalísticos con fotografías do "museo a ceo aberto contra o feísmo" xurdido nas rúas carballesas
A 'Irmandiña' feminina regresa oito anos despois liderada por Vero Boquete e Mari Paz Vilas
A selección galega volve nun encontro ante Catalunya en Vilagarcía. A futbolista do PSG e a goleadora do Valencia son as principais estrelas dun equipo con importante presenza da elite e dos numerosos equipos galegos da categoría de prata malia as importantes e abundantes baixas.
Riazor e o Deportivo claman contra a "impunidade" polo asasinato de Jimmy
A bancada berrou contra o Frente Atlético e o club pediu #XustizaparaJimmy nas pantallas xigantes do estadio e nun duro comunicado. A entidade censura "a desidia e impunidade" que arrodea o crime e denuncia "o rotundo fracaso da xustiza". "Así é difícil crer no sistema", di o presidente.
Xornada de mobilización contra a pobreza enerxética e os abusos das eléctricas
Coincidindo co inicio do inverno, Ourense, Ferrol, Compostela e Vigo acollerán manifestacións que pedirán a regulación dos prezos, unha tarifa social e unha auditoria ás principais empresas do sistema. Goberno e PSOE anuncian un principio de acordo para prohibir os cortes de subministro.
Ana, Elena, Carmen e a lista da vergoña do traballo mal feito
Praza Pública
Centos de persoas dixéronlle 'non' ao machismo asasino
Cidades e vilas galegas acolleron concorridas concentracións de protesta polo asasinato de dúas mulleres a mans de homes a pasada fin de semana en Vigo e Compostela. Galería de imaxes no interior
Máis de 85.000 vehículos transitan cada día por estradas galegas con alto risco de accidentes
Un informe do RACE sinala 11 treitos perigosos na rede estatal de estradas que transcorre por Galicia, nos que faleceron 17 persoas en accidentes de tráfico nos últimos tres anos
Fomento reitera no Congreso que non haberá traspaso da AP-9 a Galicia
De la Serna deixa claro que o Estado non ten intención ningunha de transferir a autoestrada e advirte que é unha vía "suprarrexional" e da rede estatal e que a intecnción é manter a súa titularidade. O ministro tampouco pon prazos para o AVE e négase a responder sobre o accidente do Porriño.
Publícase 'De catro a catro' no formato de caderno contable no que Manuel Antonio escribiu
Alvarellos, Consorcio de Santiago e USC publican o facsímil do manuscrito nunha coidada edición realizada polo catedrático Anxo Tarrío
Galicia rexistra case 500 denuncias por violencia machista ao mes
As principais institucións do país rexeitan con concentracións e minutos de silencio os asasinatos de dúas mulleres en Santiago e Vigo a pasada fin de semana. Oito de cada dez axuizados por agresións de xénero nos tribunais galegos son condenados.