Educación social para a adolescencia nos barrios de Lugo: formar antes que castigar
O Concello impulsa o programa 'Implica2 no meu barrio', co que busca "fomentar a aprendizaxe de condutas sociais" entre os rapaces e rapazas de 12 e 16 anos de tres zonas da cidade, así como loitar "contra o fracaso escolar, as drogodependencias ou o mal uso das redes sociais".
A Xunta gasta 3 millóns de euros na compra de accións de Gas Galicia
Faise cunha parte do paquete que era propiedade de Abanca, que vende a súa participación na empresa. A Xunta posúe agora o 30,9% do total da compañía, na que Gas Natural Fenosa segue a ser o accionista maioritario (68,5%)
O Constitucional impide que unha moza galega con discapacidade intelectual poida votar
Avala negar o voto ás persoas con discapacidade intelectual ao non admitir a trámite o recurso dunha parella para que se lle restablecese o dereito á filla. A Fiscalía, a familia e un voto particular do TC reprochan que non debatese sobre un veto que vulneraría a Constitución e un mandato da ONU.
PSOE e PP din 'non' ás contas da Coruña, que Ferreiro ligará á cuestión de confianza se non hai acordo axiña
Populares e socialistas votan en contra do proxecto de orzamento do goberno local, que contou co voto favorable da Marea Atlántica e a abstención do BNG. O alcalde dá dúas semanas de prazo para chegar a un acordo co PSOE, ao que pide que decidan "de que lado están".
A Audiencia Nacional devolve á legalidade a Causa Galiza
Un auto do xuíz Velasco deixa sen efecto a "suspensión cautelar de actividade" que afectaba a organización independentista desde hai 14 meses pero mantén as imputacións a nove dos seus militantes.
Cantos na Maré: irmandade lusófona con Narf na memoria
A lembranza de Narf marcará "unha das edicións máis espectaculares" deste festival internacional da lusofonía, cuxa organización avanza a "fin dun ciclo" para "dar pé a un novo proxecto"
O PP négase a que Almuíña compareza no Parlamento polas imputacións da hepatite
Pedro Puy cre que non hai motivo para que o conselleiro se explique na Cámara tras o auto que imputa por homicidio dous altos cargos do Sergas e di que "cómpre agardar á resolución xudicial". Toda a oposición pide que o titular de Sanidade ou Feijóo dean explicacións.
As mortes nas estradas galegas aumentan un 20% no 2016
No que levamos de ano faleceron xa 109 persoas nas vías interurbanas, fronte ás 91 de todo o 2015. Andalucía, Castela-A Mancha, Baleares, Asturias e Murcia tamén incrementaron a mortalidade de forma importante, rachando a tendencia positiva das últimas décadas
De Vacas canta para Deleite a panxoliña do leite sen lactosa
O grupo que triunfa coas súas orixinais versións dedica unha canción de Nadal ao novo produto da marca galega
'Implícate', o 8 de xaneiro en Compostela
O festival solidario organizado por Implicadas no Desenvolvemento, que chega á súa duodécima edición, contará con artistas como De Vacas, Nacho Vegas ou Marián Bañobre e poetas como Gonzalo Hermo ou Margarita Ledo
A abstención da Marea permite ao BNG aprobar os orzamentos en Pontevedra
O goberno local acepta incluír as seis emendas formuladas 'in voce' por Luís Rei, que inclúen unha renda social dotada con 400.000 euros. Os votos de PP, PSOE e Ciudadanos (11) non son dabondo para tombar as contas, que contaron co apoio dos 12 do Bloque.
Entidades médicas salientan as "motivacións persoais e ideolóxicas" do frustrado nomeamento en Psiquiatría do CHOP
A Asociación Galega de Saúde Mental (AGSM) critica as eivas do proceso e a resposta do SERGAS. A Asociación para a Defensa da Sanidade Pública esixe que o novo proceso para a ocupación da praza se faga "baixo unha completa tutela xudicial en evitación dun probable nova fraude"