Áreas de xestión clínica: entre o temor ao reinicio e o veto aos directores 'a dedo'
O Supremo ratifica que o Sergas non poderá usar a libre designación para elixir os xefes duns equipos en suspenso tras o rexeitamento dos profesionais aínda que desde CCOO advirten da intención do Ministerio en "retomalos".
'Teño un museo': O Museo do Pobo Galego procura máis "raíces" entre a cidadanía
O Museo do Pobo Galego estende "a toda a sociedade" a súa campaña de captación de socias e socios ás portas do seu cuadraxésimo aniversario
Denuncian ante a Fiscalía a construción dun campo de tiro nunha fraga na Laracha
O Comité de Defensa das Rías Altas alerta de que no lugar, proximo ao río Anllóns, foron taladas árbores centenarias. Critica, igualmente, o perigo que ao seu xuízo pode supoñer a actividade para as persoas que circulen pola estrada anexa ao espazo.
O Morrazo volve quedar sen Corredor, desta vez sen data de apertura
Permanecerá cortado no seu tramo inicial desde este luns e sen día fixado para a volta do tráfico malia que a Xunta anunciara en outubro que o peche só duraría até o 21 de xaneiro
Tres detidos en Galicia por violencia de xénero nos primeiros días do ano
Foron arrestados en Pontevedra, Vigo e A Coruña por presuntamente agredir as súas parellas ou ex-parella en presenza dos fillos.
O cinema como "ferramenta de inclusión" no Morrazo
Oito mozos e mozas con discapacidade intelectual gravan en Cangas e Compostela unha curtametraxe con actores galegos no taller do FIC Bueu coa idea de "contribuír ao desenvolvemento integral das persoas con minusvalidez".
Portugal di adeus a Mário Soares, símbolo da democracia lusa
Principal figura política do último medio século no país veciño, o ex-primeiro ministro, ex-presidente da República e fundador do Partido Socialista morreu aos 92 anos. Recibiu a Medalla de Ouro de Galicia en 1993.
O BNG reivindica a Castelao e o nacionalismo porque “é máis necesario que nunca”
"Se algunha nación sen Estado precisa dun forte movemento nacionalista, esa é Galiza", di Ana Pontón, que pide "intelixencia e unidade" para os importantes "retos" que o Bloque afronta neste 2017.
A batalla política 'xudicializa' e atranca a Área Metropolitana de Vigo
O recurso da Xunta contra a constitución do ente supramunicipal polas diferenzas na integración de principal concello no transporte comarcal reaviva un conflito que PSdeG, BNG e Marea ven de "uso partidista" por parte do PP, que tamén está a bloquear a creación do organismo na Coruña.
A Asemblea de Coia explicará a súa loita en toda Galicia, "tecendo redes de defensa"
A xira, que comeza este domingo 8 en Ponferrada e rematará o sábado 14 en Vigo tras pasar por Ferrol, Ourense, Baiona, Nigrán e Pontevedra, busca sumar apoios ante o xuízo que o 17 de xaneiro ten Diego Lores, acusado de agredir un policía nunha carga de antidisturbios
A convención anual da 'Modern Language Association' dedícalle tres sesións ao galego
O evento, que comezou este xoves, desenvólvese nesta ocasión en Philadelphia (Estados Unidos) e rematará este domingo
Marilar Aleixandre ingresará na Academia o 14 xaneiro
No acto, que terá lugar no Paraninfo da USC, a autora lerá o discurso titulado Voces termando da paisaxe galega, ao que lle dará resposta Fina Casalderrey. Converterase na sexta muller que ocupará unha cadeira na RAG.