Movementos municipalistas de toda Europa cítanse esta fin de semana en Pamplona
Nas Xornadas de Municipalismo, Autogoberno e Contrapoder participan 400 representantes de movementos cidadáns de 25 concellos de toda España e do resto de Europa. Supón a continuación do encontro celebrado en Málaga o pasado mes de xullo.
O PP fixa como obxectivo construír "unha alternativa ao populismo" nas cidades galegas
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, mantivo este venres unha xuntanza cos e coas responsables municipais da formación nas sete urbes. Tellado chamou a conformar "un proxecto gañador e de goberno"
Xa están en marcha as votacións para elixir o Consello das Mareas
Poderase votar por internet entre as 9 da mañá do sábado e as 9 da mañá do luns. Habilitáronse, ademais, unha ducia de locais para poder votar presencialmente. As 35 persoas integrantes do máximo órgano do partido sairán dos apoios que reciban as tres listas presentadas.
A xuíza apraza dez días máis un desafiuzamento en Vigo e outro ameaza unha menor en Miño
A maxistrada dá dez días máis ás administracións para que consigan outra vivenda á parella viguesa e aos seus fillos. Stop Desafiuzamentos Coruña pide que se paralice o desaloxo dunha nai e a súa filla de doce anos en Miño.
A escalada do prezo da luz pon no foco as alternativas de produción e comercialización
Este venres o prezo maiorista volveu subir, acumulando un ascenso do 70% dende comezos de mes. Greenpeace pídelle ao Goberno que apoie as enerxías renovables e reduza o cobro por potencia contratada. Cooperativas como Som Energia ou Nosa Enerxía seguen a gañar usuarios e usuarias
A Coruña lémbralle á concesionaria da limpeza en colexios a obriga de subrogar os contratos
O Goberno local advírtelle á empresa que debe cumprir con todas as cláusulas sociais do prego de condicións, que inclúe o mantemento dos empregos para as 78 traballadoras e traballadores existentes. “O contrario pode desembocar na extinción do contrato”, di Silvia Cameán.
"A acción exterior é unha política pública irrenunciable para todo goberno"
O IGADI publica as actas do I Congreso de Estudos Internacionais de Galicia, celebrado o pasado mes de xuño. As súas conclusións sinalan as "posibilidades aínda non exploradas" de desenvolvemento da presenza internacional que o actual marco xurídico permite.
Todo o Parlamento pacta unha nova lei de traspaso da AP-9 para tentar esquivar o veto de Fomento
Con respecto á proposta anterior, elimínase a referencia ao posible rescate da concesión, o principal argumento empregado polo Goberno central para bloquear a iniciativa. A proposta foi presentada por PP, En Marea, PSdeG-PSOE e BNG.
A Coruña, Santiago e Pontevedra inician os plans para protexer do frío as persoas sen fogar
Os Concellos colaboran nesta iniciativa con colectivos sociais de apoio aos e ás máis desfavorecidas. Refórzanse os servizos de albergues e realízanse pescudas polas cidades para detectar casos de risco
Fervenzas escolle o mellor das letras galegas en 2016
A ferida do vento (Antón Riveiro Coello), Os fillos da fame (Ismael Ramos) e Historia das historias de Galicia (Isidro Dubert) foron escollidos polos lectores e lectoras da revista como os mellores libros do ano en narrativa, poesía e ensaio. O mellor do ano: o Culturgal. O peor: o pasamento de Fernández Paz
Xunta e Sargadelos ignoran a xuntanza convocada para evitar o peche da galería en Ferrol
No encontro, celebrado no Concello, participaron os voceiros de todos os grupos políticos municipais, os responsables da franquicia na cidade e representantes da plataforma cidadá Salvar Sargadelos
A veciñanza pechada na igrexa de Coia apela á "conciencia" do axente que acusa a Diego Lores
A Asemblea Aberta de Coia inicia un peche de dous días que rematará xusto antes do xuízo contra o veciño para o que un policía pide 3 anos e medio de cadea contra o criterio da Fiscalía