O persoal que transporta os residuos de Sogama iniciará esta semana unha folga de vinte días
A CIG denuncia que Transportes Pacholo, subcontrata da UTE entre Copasa, Renfe e Logirail "explota" os traballadores "con condicións de miseria, rebaixando drasticamente as condicións económicas da contrata anterior”
A vidreira franquista da Coruña (e a súa polémica) ten os días contados
O PP oponse á retirada do escudo do réxime fascista do palacio de María Pita, considera excesivos os 60.000 euros orzamentados e alude a unha suposta decisión contraria da comisión de expertos hai anos. Manuel Monge, membro do comité, négao e acusa os conservadores de "pura demagoxia"
Unha concentración protestará este luns contra o peche de Sargadelos Ferrol
O acto, impulsado por unha asociación veciñal e apoiado por para entidades sociais e culturais, pedirá a continuidade da galería, subliñando que "o legado de Isaac Díaz Pardo representa algo máis cunha simple empresa comercial".
O BNG pide eliminar o franquismo do rueiro de Sarria
Na odonimia da vila lucense aínda perviven nomes como 'José Antonio' ou xugos e frechas en vías que renden homenaxes a personaxes locais. O pleno aprobou cumprir coa Lei de Memoria Histórica, pero o Concello non fixo efectiva esta decisión
O machismo volve asasinar en Galicia
Falece a acoitelada en Santiago pola súa ex-parella e a Policía segue á procura do asasino mentres, en Vigo, xa foi detido un home como presunto autor do asasinato doutra moza no portal da súa casa, un caso que vén de ser declarado violencia machista e será investigado polo xulgado de violencia sobre a muller
Leiceaga: "Precisamos que a rexeneración do Partido Socialista sexa profunda, permanente e crible"
ENTREVISTA Xoaquín Fernández Leiceaga inicia a súa nova xeira como voceiro parlamentario do PSdeG tras unhas eleccións de resistencia para o partido e agarda pola "reorganización" interna para poder volver conectar cun electorado que, di, pide máis que "simple oposición ás medidas do PP"
O BNG culminará a súa "redefinición" en Asemblea Nacional o 25 e 26 de marzo
O Bloque pon en marcha o seu calendario de asemblea tras rexistrar, afirma Pontón, "310 novas altas de militantes" nos últimos meses. "Nas eleccións tivemos a primeira proba de que imos polo bo camiño", sinala a portavoz nacional da formación soberanista
Facenda busca burlar por lei o dereito a indemnización de 3.600 traballadores temporais da Xunta
O sindicato CSIF denuncia que o Goberno pretende, a través da modificación da Lei de Emprego Público, converter todo o persoal laboral temporal en interino e impedir así o dereito a indemnización que recoñeceu o Tribunal da UE aos primeiros.
Caixa Rural Galega celebra os seus 50 anos "cos pés na terra"
A entidade presenta en Lugo un libro no que celebra e repasa o seu medio século de vida e "doutra maneira de facer banca".
InLugo debaterá este venres e sábado os cambios sociais que provoca Internet
O Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais, organizado pola Deputación lucense, chega á súa cuarta edición. Unha ducia de expertos e expertas debaterán sobre cultura dixital, xornalismo, comercio online e outros fenómenos ligados á rede.
Os recortes no xurelo e a meiga golpean a frota galega malia a mellora na pescada e peixe sapo
Os barcos da costa atlántica e cantábrica volven saír prexudicados na repartición da UE polos recortes no chicharro e no rapante malia o aumento da xarda. A frota do Gran Sol mantén cupos pero a pesqueira da cigala péchase nas augas do Cantábrico.
A Deputación da Coruña aproba un novo plan único para repartir os fondos e o PP rexéitao
O novo modelo, aprobado no último pleno provincial, foi presentado este mércores aos rexedores coa ausencia dos populares, que critican que non fose consensuado co seu grupo. O goberno destaca o "cambio total" ao unificar plans e dotar a repartición de "maior transparencia e obxectividade".