A Xunta abre o camiño ás megaplantas de biomasa e aos cultivos enerxéticos
A derrogación do decreto 149/2008 suprime a potencia máxima de 10 megavatios por planta, permitindo plantas coma a proxectada en Curtis, que consumiría ao redor de 568.000 toneladas anuais de madeira
Un xuíz prohíbelle a Gas Natural Fenosa cobrar consumos eléctricos xerados un ano atrás
O Xulgado Mercantil nº 1 da Coruña imporalle á compañía unha multa de 10.000 euros diarios se incumpre a sentenza, que será enviada ao Ministerio de Industria para que valore a imposición doutras sancións
Os sindicatos rexeitan o triunfalismo da Xunta polos resultados de PISA
Lembran que as probas foron realizadas con anterioridade á implantación da LOMCE e destacan o papel do profesorado no mantemento ou mellora do nivel, mesmo en tempo de recortes.
Arelas celebra o primeiro cambio de sexo no rexistro para un menor galego
Pablo, de 15 anos, vive como varón de forma normalizada, tamén no seu centro de ensino, que emitiu un informe que foi determinante para que a xuíza aceptase a modificación na inscrición de nacemento
Unha nova sentenza do TSXG afasta os proxectos mineiros da Terra Chá
Entidades sociais da comarca esíxenlle á Xunta que declare a caducidade das concesións que a empresa Erimsa ten en Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza, Abadín, Vilalba e Riotorto, despois de múltiples pronunciamentos xudiciais na súa contra.
A Xunta insire nos orzamentos unha reforma para expandir explotacións forestais polo país
O Goberno emprega a lei de acompañamento para modificar a Lei de Montes e facilitar a ocupación de máis territorio con aproveitamentos forestais. En Marea denuncia os cambios, a "expansión irracional de especies de baixo valor" e que se "afonde na desastrosa política forestal do PP".
Asemblea de Coia: "Pretenden que Diego Lores pague por toda a veciñanza"
A Asemblea Aberta de Coia recolle centos de sinatura en apoio do activista, que será xulgado o 17 de xaneiro, acusado de agredir un axente de policía durante unha carga de antidisturbios nas protestas veciñais contra a instalación do barco de Alfageme na rotonda do barrio
A cultura galega viaxa a Bruxelas para denunciar que é "agredida" polos poderes públicos
Unha delegación formada por 65 persoas acode ao Parlamento Europeo para debater e reivindicar o papel da cultura galega e denunciar o "baleirado económico" e "desprezo" que sofre, segundo denuncia AGEe, organizadora dos actos.
En Marea e o BNG 'pasan' da homenaxe á Constitución e reclaman o "dereito a decidir"
A formación galega no Congreso non participa nos actos celebrados en Madrid polo aniversario da Carta Magna, que ven un "corsé dos pobos". O Bloque celebra un acto en Compostela no que reivindica a autodeterminación e ir máis aló dunha "autonomía pírrica".
Galicia supera a media do Estado en matemáticas, lectura e ciencias no informe PISA
O estudantado galego mellora no rendemento matemático e na capacidade lectora e mantense en ciencias, segundo o último estudo. España acada a nota media da OCDE logo da caída xeneralizada da nota no resto de países.
A AGAL aproba a confluencia das normativas reintegracionistas nunha única norma
Acepta en asemblea a unión das dúas normas que coexistían para optar por unha única proposta ortográfica e morfolóxica. Apóiase o texto que reúne todos os usos gráficos do reintegracionismo moderno.
O segundo pago á empresa do hospital de Vigo equivale ao 40% da suba do orzamento sanitario
A Xunta ten que achegarlle á empresa 66 millóns no vindeiro ano, 25 deles pola prestación de servizos non clínicos. O aumento no presuposto para a sanidade sitúase en algo máis 100 millóns e as contas manteñen case inalterables os fondos para pagar aos capeláns dos hospitais públicos.