Expulsado ao Paraguai por non ter traballo malia vivir desde os cinco anos en Santiago
Un veciño de Compostela de orixe paraguaia e residente na capital galega desde os 5 anos foi enviado ao seu país de nacemento ao cumprir a maioría de idade e non ter atopado un emprego que lle permita regular a súa situación. O Foro Galego de Inmigración denuncia o seu caso.
'Sicixia' emociona o público da Costa da Morte no inicio da súa andaina polos cines
"Como sucedeu con A Esmorga, Sicixia desafía o público galego para tentar converterse nun novo fenómeno de asistencia ás salas", di o equipo do novo filme de Ignacio Vilar
A Xustiza anula as multas a catro veciños de Sarria por protestar contra as obras no río
A sentenza considera que a Subdelegación do Goberno central en Lugo tramitou sancións contra os veciños sen probas de que cometeran infracción ningunha durante as protestas
O BNG paga en céntimos nas peaxes da AP-9 para esixir a aprobación do traspaso a Galicia
Ana Pontón insta a Feijóo a aclarar "que vai facer" ante "o intento de Rajoy de vetar o debate da lei aprobada por unanimidade" no Parlamento galego
O Ano Castelao remata de gala en Pontevedra
Xurxo Souto, 2naFronteira, Lydia Botana, Celso Parada, Limiar Teatro e mais Carlos Blanco co debuxante Luis Davila serán protagonistas da gala
25 de novembro: Clamor contra o machismo e a súa violencia
Entidades cívicas, políticas e sociais, co movemento feminista á fronte, claman un 25N máis contra a violencia machista. As agresións de xénero e as súas vítimas mortais, lembran, son só a cara visible dunha problemática con raíces fondas na historia e nas persoas
Concentracións en toda Galicia esixirán compromisos para erradicar a violencia machista
A Plataforma Feminista Galega e a Marcha Mundial das Mulleres convocan actos na tarde deste venres en Vigo, A Coruña, Compostela, Ourense, Lugo, Ferrol e O Carballiño
Educando contra o machismo dende os centros de ensino: O exemplo do IES de Arzúa
Son moitos os colexios e institutos de todo o país que nesta semana organizan actividades ao redor do 25N. O IES de Arzúa levou a cabo un bo número de iniciativas, algunhas coma o obradoiro Suprime o control, iniciada no comezo do curso. Falamos coa vicedirectora do centro.
A Xustiza condena o Sergas polas listas de espera que obrigaron un paciente a acudir á privada
Un xulgado de Ourense condena a Sanidade a indemnizar con 10.000 euros un doente tras un "funcionamento anormal, incorrecto, deficiente máis aló do tolerable para o servizo público de que se trata” e que causou "prexuízos" no afectado.
"O éxito da campaña está en que vai de abaixo a arriba, as institucións poñémonos ao servizo da comunidade"
ENTREVISTA Máis de 2.500 establecementos comerciais e entidades sociais de 17 concellos participan na campaña En negro contra a violencia. Falamos con Marta Lois, edil de Igualdade do Concello de Santiago, sobre a iniciativa.
O patrimonio inmaterial galego-portugués, representado no cumio da Unesco en Etiopía
Ponte...nas ondas! participará en Addis Abeba nunha xuntanza sobre a protección deste tipo de manifestacións culturais intanxibles. Os antropólogos Xosé Manuel González Reboredo (Museo do Pobo Galego) e Álvaro Campelo (Universidade Fernando Pessoa do Porto) representarán a asociación
O estudantado galego volve saír á rúa contra a Lomce e as reválidas
Noutra xornada de folga, as principais localidades galegas acollen manifestacións contra a lexislación educativa e as polémicas probas. En Marea e BNG chaman a "botar abaixo" a lei.