A 'Casa de Man' en Camelle será por fin recuperada
A Deputación da Coruña achega o 80% do financiamento para unhas obras que buscan converter o inmoble nun novo referente do patrimonio cultural da provincia.
Chega o LGx15: novos argumentos e alento reforzado para o galego
A Sala Capitol de Compostela acolle este xoves a segunda edición deste evento, no que persoeiros de diferentes ámbitos e sectores transmitirán "de maneira visual, entretida e divertida ideas, argumentos e consellos para influír positivamente sobre o uso e prestixio da lingua galega".
Pemex queda en Barreras pero cancela o segundo flotel prometido
O director xeral, de visita no estaleiro vigués, di que a petroleira manterá a participación na empresa pero anula a construción do buque hotel logo de suspender outros encargos hai meses. Feijóo chegou a incluír 40 buques nas súas sucesivas promesas tras o acordo coa multinacional.
A proposta de bonificar o IBI para as rendas baixas, primeira iniciativa aprobada nesta lexislatura
O Parlamento insta a Xunta a acordar co Fegamp unha solicitude conxunta ao Estado para que os concellos poidan aplicar unha bonificación de até o 90% do IBI a favor das familias con menos recursos. A proposta da En Marea foi aprobada por unanimidade tras aceptar unha emenda do PP.
A Xunta mantén a fe nos plans de Ferroatlántica pero garante que se oporá á segregación
Feijóo asegura que a empresa non solicitou a desagregación e advirte que "ten que seguir unida" en base á normativa vixente en resposta a Luís Villares, que avisa das novas intencións da compañía, "que nada teñen que ver co réxime actual de concesión".
A Coruña porá en marcha unha Escola de Empoderamento Feminista
A Concellería de Igualdade pretende con ela "alentar unha maior participación activa das mulleres e a inclusión das diversidades en todos os ámbitos" da vida da cidade.
#NonDifundasMachismo dende os medios de comunicación
O Colexio de Xornalistas vén de lanzar esta campaña coa que quere concienciar contra a persistencia de tratamentos machistas nas informacións. Anima a visibilizar nas redes sociais exemplos deste problema
Morre Dorotea Bárcena, referencia da escena galega
Comezou a súa actividade no teatro nos anos setenta, actuando nunha vintena de obras. Acadou gran popularidade pola súa participación en varias series emitidas pola TVG.
Igrexa 2.0. Unha app permite consultar os horarios das misas no Páramo
A aplicación foi desenvolvida polo crego, José Manuel Castro Alba, que desenvolve unha intensa actividade nas redes sociais e que mesmo mantén un actualizado blog coa información das súas parroquias
Ferrol acolleu este luns a única misa galega por Franco
A Fundación Francisco Franco avalou 14 homenaxes en todo o Estado. O acto litúrxico "por el alma de Francisco Franco, José Antonio Primo de Rivera y todos los caídos por Dios y por España" celebrouse na igrexa castrense de San Francisco
370 traballadores, un 20% do persoal, piden a adhesión voluntaria ao ERE do Popular en Galicia
O grupo bancario no que se integra o Pastor pretende prescindir de 400 empregados e pechar 42 oficinas no país dentro dun recorte que afecta 2.600 persoas no conxunto do Estado.
Cada mes morren cinco persoas en accidente laboral en Galicia
Entre xaneiro e setembro producíronse en Galicia 52 falecementos no traballo, polo que a cifra ao remate do ano posiblemente superará as 58 do 2015. O índice de mortandade duplica ao do conxunto do Estado.