A Xunta retira o temario dunhas oposicións que era idéntico ao dunha academia
Adopta a medida tras corroborar a denuncia do sindicato CSI-F sobre os temas establecidos para un proceso selectivo para o servizo de Gardacostas. O sindicato denuncia que a academia á que a Administración copiou o temario contratou como profesor un inspector da Consellería do Mar.
O orzamento da Xunta sobe un 2,9% e supera os 9.000 millóns
Feijóo asegura que as contas destinarán a maioría do incremento na súa capacidade a políticas sociais. Serán, para estas partidas, 200 millóns extras dos que 100 achegaranse a sanidade, 25 a política social e 64 ao ensino. O Goberno amplía a exención de impostos para mercar vivenda no rural.
#MáisPraza na Galicia do 2020, un país por contar
A Fundación Praza Pública xunta na Coruña xornalistas de diferentes medios para analizar o panorama social, mediático e político do país tras as eleccións do 25S. Praza presentou no acto a súa nova campaña de socios coa que, baixo o lema #MáisPraza, procura ampliar a súa base de socios para consolidar e alargar o plantel de xornalistas
UDC e Navantia avanzan en Ferrol na aplicación de I+D para a construción naval
Unha xornada no campus ferrolán amosou os avances da Unidade Mixta de Investigación, creada por universidade e empresa o pasado ano, e que comezarán a aplicarse nas fragatas F-110 que desenvolverá o estaleiro.
A área metropolitana de Vigo bota a andar con Caballero de presidente e o abandono do PP
Un asemblea cargada de reproches, diferenzas e balbordo acaba por constituír o ente supramunicipal, que será presidido polo alcalde de Vigo grazas aos votos de PSOE, BNG e as mareas. O PP abandonou a sesión tras intentar suspendela ao non haber acordo polo Plan de Transporte.
As grandes industrias seguen a aumentar a súa contaminación en Galicia
O país ocupa o segundo lugar no ránking de emisións contaminantes no Estado, onde xa é responsable do 15% total con poucos focos pero moi intensos. As térmicas das Pontes e Meirama emiten o 74% do total de dióxido de carbono.
“Cultura, comunidade e futuro”, cerna do Culturgal 2016
A novena edición da feira galega das industrias culturais celebrarase en Pontevedra entre o venres e o domingo. Haberá 80 stands de entidades e empresas e máis de 120 actividades nunha completa programación. O pasado ano 14.500 persoas pasaron polo recinto.
Unha empresa pide tres anos de cadea para un folguista do metal
A acusación particular solicita esta pena para un traballador que participou na folga do metal de 2009 por vulneración do dereito ao traballo. A fiscalía pide o sobresemento do caso.
O mural de Urbano Lugrís xa ocupa a súa nova casa
A mítica obra 'Vista da Coruña 1669', que ocupaba sen coidado ningún a parede dun local de hostelería, foi trasladada á sede de Abanca, onde será coidada e restaurada. Moitas obras do artista permanecen en espazos privados con escasa ou nula protección.
Youtubeir@s para rebordar a Rede de vídeos en galego
Os servizos de normalización de once concellos e as tres universidades lanzan esta iniciativa co obxectivo de que "haxa máis vídeos en galego na internet". O concurso, aberto a todo o mundo, comeza este 1 de decembro e remata o vindeiro 28 de abril.
Ourense mobilízase contra o colapso do servizo de urxencias do CHUO
SOS Sanidade Pública inicia unha recollida de sinaturas no centro da cidade, que se engade á denuncia presentada ante a Fiscalía polo persoal do Hospital e os sindicatos hai uns días
O Goberno central dá marcha atrás: recupera a Selectividade e lamina as reválidas
Os alumnos de 2º de Bacharelato, que nada sabían dos exames para acceder á Universidade, afrontarán unha proba "practicamente idéntica" á anterior. As probas de Secundaria e Primaria tan só se realizarán nalgúns centros. Malia todo, o Ministerio trata de seguir coa Lomce.