As sete cidades galegas gastan un millón de euros en luces de nadal
Vigo e A Coruña (con 400 mil e 335 mil) encabezan a lista, seguidas de Ourense, con 85 mil. O custe nalgunha vila como Narón (45 mil euros) sitúase por riba de urbes como Compostela, Lugo ou Pontevedra.
A rede wifi da cidade de Ourense, que custou un millón de euros, seguirá inactiva
Péchase o 2016 sen que o Concello atopase empresa ningunha interesada en explotar a infraestrutura, sen uso dende que descubriu a fraude de Gowex, que a explotou entre 2010 e 2015.
Un libro colectivo reivindica o "esquecido" Estatuto do 36 no seu octoxésimo aniversario
A Editorial Guiverny xunta once autores que, dende ámbitos como a historia, a política, o dereito e o xornalismo, debullan o "entusiasmo e entrega ao país" de quen impulsaron o texto estatutario galego de 1936
Agora a túa copiloto en Waze chámase Uxía. E fala galego
A aplicación colaborativa de información de tráfico incorporou a lingua de Galicia grazas ao traballo da comunidades de usuarios e usuarias. O noso idioma súmase ao español, catalán e euskera, entre outros. Audio no interior
Menos patentes e empresas innovadoras: A I+D+i galega, en crise
Entre o 2008 e o 2014, o número de empresas galegas con actividades innovadoras reduciuse á metade e a cantidade de patentes solicitadas descendeu dende as 194 ata as 146.
Unha enquisa a dúas mil persoas afondará no acoso sexual na Universidade de Vigo
A investigación inclúe cuestionarios a 1650 estudantes, 350 PDI e 300 PAS. O obxectivo é coñecer polo miúdo a situación entre a comunidade universitaria, de cara ao deseño dun manual de boas prácticas e dunha estratexia de actuacións a desenvolver.
A Coruña retirará a vidreira franquista que aínda preside María Pita
En cumprimento da Lei de Memoria Histórica, o Concello prevé destinar 60 mil euros a substituír o panel que serve de teito ao vestíbulo do pazo municipal. En 2009 o Goberno local decidiu mantelo como "peza de museo"
O barrio de Sar recupera a súa memoria a través de fotografías
O Espazo Veciñal de Sar, en Compostela, leva recollidas e dixitalizadas máis de 400 imaxes cedidas pola veciñanza. Esta semana levará a cabo unha nova campaña de recolla nos bares da zona, de cara o organizar unha exposición fotográfica e outro tipo de publicacións.
Animar non é berrar: pola igualdade no deporte de base
O Proxecto IRIS promove a iniciativa, na que colabora a USC xunto con universidades de Bulgaria, Finlandia, Hungría e Grecia. De IRIS saíron xa diferentes recursos, como un cómic, un videoxogo, unha curtametraxe infantil e un curso de formación para o profesorado e adestradores/as
A túa medula ósea regala tempo
Un grupo de estudantes de Xornalismo da USC inician unha campaña para concienciar outros universitarios e universitarias da importancia de converterse en doantes de medula ósea, "un proceso moi sinxelo no que só se extrae unha mostra de sangue". Vídeos no interior
De quen é o monte? É lexítimo que os cazadores monopolicen o seu uso?
A Sociedade Galega de Historia Natural esixe que a Dirección Xeral de Conservación da Natureza regule esta actividade para incrementar a seguridade de quen practican a caza e, sobre todo, dos excursionistas, ciclistas ou veciñanza que tamén goza do monte no outono.
Os estaleiros de Vigo "en situación crítica a pesar dos anuncios electorais", segundo a CIG
A central nacionalista alerta do perigo de que se presente un ERE en Barreras e sinala igualmente a situación en Vulcano, cuxo persoal xa sufriu un expediente de regulación de emprego e que agora está pendente dun encargo prometido durante a campaña dos comicios autonómicos.