Galicia abraza o construtor de escaleiras
Camilo Nogueira recibe en Santiago unha homenaxe con máis de mil asistentes e o recoñecemento expreso dos principais partidos políticos.
Absolta unha xornalista acusada de chamar 'tránsfuga' a un tránsfuga do PSOE en Ourense
Francisco Cougil, ex edil do PSOE no Concello de Ourense, abandonou a formación socialista e posteriormente foi contratado pola Deputación. Denunciou a Cristina Huete (El País) pola vía penal por calumnias e inxurias graves con publicidade por cualificalo dese xeito.
Os plenos municipais posiciónanse con firmeza contra o vertedoiro de Lousame
Noia, Lousame, Rois ou Frades aprobaron mocións contra o proxecto, o mesmo que a Deputación da Coruña. O propio concello no que se quere asentar a instalación presentou un completo informe técnico rexeitando a iniciativa
A fin do contrato de mantemento de equipos no Sergas, unha oportunidade para o sistema público
O contrato de mantemento dos equipos electromédicos do SERGAS, externalizado en 2013, está a piques de expirar. CIG-Saúde esixe que sexa asumido por persoal propio, como unha forma de aforrar custes e garantir calidade.
O fotoxornalismo, baixo a ameaza da prisión ou a morte en Exipto
O fotoxornalista exipcio Ahmed Ali viuse obrigado a exiliarse o pasado tras ser condenado polo seu traballo de denuncia da represión e das violacións dos dereitos humanos levadas a cabo polo Goberno. Esta semana percorre Galicia para explicar a situación que vive o seu país
Trump chama á calma entre incerteza e temor pola súa vitoria
Confírmase o triunfo do polémico magnate sobre Hillary Clinton, que xa recoñeceu a súa derrota. O mundo contén a respiración ante unha nova sorpresa electoral e o inesperado triunfo dun excéntrico e recoñecido xenófobo e machista que chamou á "unidade" no seu primeiro discurso.
Feijoo ofrece unha maioría absoluta "aberta" e pide a colaboración da oposición
Reclama acordos para fixar a posición de Galicia no debate sobre a reforma do financiamento autonómico e promete crear entre 80.000 e 100.000 postos de traballo, baixadas de impostos e incentivos para vivir en localidades de menos de 20.000 habitantes.
Ugacota, Ucetag e Sinerxia unen forzas na maior unión de cooperativas galega
Espazo Coop agrupa 181 cooperativas, 1.690 traballadores e traballadoras e 45 millóns de euros de facturación anual
A CIG non asina o ERE do Popular e prevé 400 despidos en Galicia
O grupo bancario alcanzou un acordo coa maioría dos sindicatos para reducir en case 2.600 os empregos en todo o Estado. A central nacionalista negouse a asinar por considerar os despedimentos no país "intolerábeis". "Poderíanse paliar de aplicarse medidas alternativas de organización", di.
Cada día denúncianse 15 casos de violencia de xénero en Galicia
En 2015 presentáronse un total de 5.210 denuncias, a maior parte por malos tratos, unhas cifras que amosan a magnitude desta problemática social que vai moito máis alá de casos illados ou de situacións particulares.
A Galicia que recupera empregos e a Galicia que segue a perdelos
MAPAS INTERACTIVOS As cifras de afiliación á Seguridade Social por concello amosan unha imaxe fiable da evolución do mercado de traballo en cada localidade. Só nunha comarca traballa máis xente agora que antes de crise. E na metade delas aínda non se recobraron as cifras de 2011.
O galego e o resto das linguas minorizadas esixen a protección da Comisión Europea
A Mesa representa a Galicia na asemblea da Rede Europea pola Igualdade das Linguas, celebrada en Barcelona, e que pide sancións da UE para os Estados que vulneren os dereitos lingüísticos e non apliquen os acordos comunitarios. "Hai un proceso de estranxeirización do galego no seu propio país”