Carballo galego certificado para as barricas do whisky irlandés
Investigadores do Campus de Lugo logran prolongar tres anos o apoio da irlandesa Irish Distillers para avanzar nun proxecto de certificación da madeira do país, empregada na maduración desta bebida
O xornalismo achégase aos centros de ensino a través de 90 obradoiros
O Colexio Profesional de Xornalistas e La Caixa convocan a segunda edición de Xornalismo na Escola, na que profesionais en paro darán charlas e cursos a alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO
Lanzan dende Vigo un 'Manifesto pola recuperación dos centros sanitarios privatizados'
As xornadas A privatización da Sanidade na Unión Europea, organizadas por AGEe, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) e a Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo pecháronse coa aprobación deste documento
Xallas di 'non' á gran cooperativa láctea, que bota a andar coas outras tres empresas
A asemblea da entidade vota maioritariamente en contra de unirse á integración das cooperativas, que si foi apoiada amplamente en Feiraco, Melisanto e Os Irmandiños.
Os salarios das persoas menores de 35 anos, conxelados dende o 2008
En seis anos o soldo medio anual dos traballadores e traballadoras novas pasou de 16.169 a 16.312 euros. De igual xeito, os asalariados e asalariadas entre 45 e 54 anos viron reducido os seus ingresos, dende os 22.490 euros ata os 22.361.
Mocidade, paro de longa duración e contratos de calidade, esquecidos pola mellora do emprego
A pesar dos bos datos xerais amosado pola EPA publicada este xoves, hai varios sectores que aínda sofren cifras moi negativas.
Noia pagoulle á empresa do secretario xeral de NNXX o triplo do facturado o ano anterior polo mesmo servizo
Tragaluz facturou 5.500 euros pola organización dun campamaneto de verán que fora realizado por unha empresa local por 1.800, segundo destaca a Marea de Noia, que sinala que a actuación do concelleiro de Mocidade (e presidente provincial da organización xuvenil do PP) non é "etica" nin amosa "boa xestión"
O acto de resistencia da 'Coluna Sanfins', recoñecido 80 anos despois
As vellas minas de Sanfíns, en Lousame, acollerán este domingo unha homenaxe a este grupo de traballadores que o 18 de xullo de 1936 marcharon sobre Compostela e A Coruña para loitar contra a sublevación fascista.
Os cambios de Rajoy nas reválidas que non son tal
Anuncia a suspensión dos seus efectos académicos "ata que se chegue a un pacto pola educación", algo xa previsto este curso. O Goberno central di que manterá a Lomce e os alumnos de Bacharelato terán que afrontar unha proba para acceder á Universidade da que aínda non se sabe nada.
Parques infantís e unha máquina rozadoira, entre as escollas dos orzamentos participativos de Santiago
No proceso 1.630 rexistráronse 1.630 persoas, votando finalmente 1.350 os investimentos. Sendas peonís, sinalizacións, un plan de aforro eléctrico ou pavimentacións completan as escollas da cidadanía.
"Nas cirurxías oculares en España aplicáronse técnicas sen experiencia clínica"
ENTREVISTA Falamos co lucense Alejandro Vila, presidente da Asociación Española de Afectados por Intervencións de Cirurxía Refractiva, que denuncia as frecuentes secuelas que producen estas intervencións e a publicidade enganosa e escasa información ofrecida polas clínicas que as realizan
“Se Marrocos incorpora Dajla á Conferencia de Rexións Periféricas, violará o dereito internacional”
A Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas de Europa celebra do 2 ao 4 de novembro unha nova xuntanza. Nela Marrocos tentará incorporar ao organismo a localidade saharauí de Dajla coma se fose un territorio baixo a súa soberanía. Xabier Ron (EU) denunciouno en rolda de prensa.